Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     A ILLA DE AROUSA
O privilexiado espazo natural da Illa de Arousa está protexido no interior da ría. A súa historia está marcada polo mar e conserva con agarimo unha ampla variedade de sistemas tradicionais de pesca
O corazón da ría de Arousa

A Illa de Arousa é un pequeno remanso de 7 qm2 comunicado coa península do Salnés por unha moderna ponte de 1.800 metros.

Os seus antigos habitantes foron identificados como os celtas Annios Insulae que menciona o xeógrafo romano Plinio. Na actualidade, a economía da Illa xira ao redor da pesca e do marisqueo.

Na Idade Media, o bispo Sisnando e o rei Ordoño II doaron a Illa ao mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago para coller proveito das súas salinas. Máis tarde, o rei Afonso IV erixiu un mosteiro dedicado ao patrón da Illa, San Xián.

Un dos vestixios históricos que se conservan é o castro do Campo dos Bufos. Tamén están documentados un cemiterio prerromano no mesmo lugar e unha vila romana preto da punta de Nasas. Do século XVI data o muíño de marea das Aceñas, que traballou normalmente ata o 1980.

Quen visite a Illa non debe deixar de subir ata o faro, co seu importante simbolismo mariñeiro, e visitar o miradoiro do Santo. Desde os dous puntos se recollen unhas estupendas imaxes de toda a ría de Arousa.

A continua presenza do mar

O Atlántico rebe polas pedras da Illa de Arousa. Os caprichos do vento e das mareas esculpiron rochas con curiosas formas, que os propios habitantes foron bautizando cos concluíntes nomes de Con dos Tres Pés, Con do Fuciño do Porco, Con do Cocodrilo... Estas esculturas naturais atópanse por todo o litoral, aínda que as máis interesantes son as dos arredores do faro e no parque natural de Punta Carreirón.

En Punta Carreirón, o visitante pode observar multitude de aves en perigo de extinción, como garzas ou parrulos. Tamén conta con sistemas naturais de marismas e dunas.

A Illa de Arousa ofrece ademais fermosas praias. Porén, os interesados na pesca tradicional, poden atopar unha enorme variedade de barcos e sistemas de pesca, que se conservan con agaraimo neste lugar.

En canto ás festas, A Illa conta coa súa propia Festa do Mexillón, no mes de xullo. Ademais, en xaneiro celébranse as festas na honra do patrón, San Xián, e, como non podía ser doutro xeito nunha vila tan marcada polo mar, é moi importante a festividade do Carme, a patroa dos mariñeiros.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Cambados >>
Vilanova de Arousa >>
Vilagarcía de Arousa >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©