Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 20/04/2019
     O GROVE
Na entrada da Ría de Arousa, O Grove e a illa da Toxa son célebres estacións turísticas, aprezadas pola beleza do seu emprazamento natural, pola benignidade do seu clima e polo seu exquisito mantel mariñeiro.
Os mananciais da illa da Toxa

Situada nunha localización xeográfica excepcional, rodeada polas illas de Arousa, Sálvora, Ons e por Sanxenxo, a antiga terra celta de Ocobrix foi unha illa ata tempos recentes cando as correntes mariñas crearon a unión sedimentaria coa península do Salnés. Nos séculos das invasións viquingas construíuse a Fortaleza da Lanzada como avanzado punto de vixilancia que mediante un eficaz sistema de comunicación con Cambados e Catoira alertaba a Santiago da chegada do inimigo. Na Batalla da Lanzada foran derrotados os escandinavos por unha frota do Bispo Xelmírez no 1111.

No ano 1840 edificouse un balneario na Toxa para aproveitar as propiedades medicinais dos mananciais de auga e barro. Desde aquela, a illa da Toxa acolle un gran número de turistas atraídos polos efectos curativos destes tratamentos, especialmente para as afeccións da pel, así como polas excelentes condicións climáticas e de recreo, entre os que destacan o Gran Hotel, o Casino, o Campo de golf e máis outras instalacións deportivas.

Festa do Marisco, de Interese Turístico Nacional

A antiga illa de Ocobrix está unida ao Salnés por unha barra de area duns 2 quilómetros de longo, resultado da acción mariña e dos ventos do sudoeste, formando un conxunto natural protexido de grande valor ecolóxico no que sobrancea a enseada do Bao. Monumentos históricos son os castros de Siradella e Punta Castriño, as igrexas parroquiais de San Martiño e San Vicenzo do Mar, e a Torre de Escudero, no Grove. Ademais, na Toxa hai un templo, a Capela de San Carcampio, que está totalmente recuberto de cunchas.

A pesca é a grande riqueza do Grove desde a introdución de novas artes pesqueiras no século XVIII. Declarada de Interese Turístico Nacional, os froitos do mar e o viño do Salnés son os protagonistas da Festa do Marisco, celebrada todos os anos no mes de outubro. De grande sona en toda Galicia é a romaría da Lanzada na ermida románica do século XIII, onde se mesturan o culto á Virxe coas vellas tradicións celtas: as mulleres toman a medianoite e á alba o baño das nove ondas, que as curará da súa posible esterilidade e do meigallo.

A relación do Grove co mar vese reflexada na existencia dun acuario, o Acquarium Galicia, dedicado á divulgación da fauna e da flora da costa galega. Ten 20 tanques nunha instalación de 3.000 metros cadrados.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Invasions Viquingas >>
Illa de Ons >>
Catoira >>
Cambados >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©