Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     RIBADUMIA
Ribadumia é unha terra cha, densamente poboada e de clima cálido, caracterizada pola riqueza dos seus solos, que se traducen na inmellorable calidade dos seus viños.
Festa do Viño Tinto do Salnés

Os fértiles solos de Ribadumia producen cultivos de vide e hortalizas de alta calidade, no que destaca o viño Albariño, que nos últimos anos acadou grande sona dentro e fóra de Galicia polo seu delicado aroma e afroitado sabor. Pero ademais, Ribadumia é ben coñecida en toda Galicia polo seu viño tinto, da variedade Espadeira que é homenaxeado na popular Festa do Viño Tinto do Salnés, celebrada en Barrantes todos os meses de xullo desde 1967. O viño de Barrantes é un dos de maior renome dentro dos de tipo artesanal, tendo sido exaltado por numerosos escritores.

Ademais da festa do viño tinto, celébranse destacadas romarías: en Ribadumia o 29 de xullo e en Santa Baia o 4 de outubro.

Ribadumia señorial

Grazas ao seu clima e á súa histórica relación con Compostela, Ribadumia foi habitada desde hai séculos por nobres familias galegas. Por esta razón, destaca a calidade dos seus pazos, entre os que sobrancea o Pazo de Barrantes. Tamén están ben conservados o da Pedreira, antiga propiedade da familia Mariño de Lobeira, e o Pazo do Monte en Lois.

En canto á arquitectura relixiosa hai que destacar as igrexas de Santa María de Besomaño, Santo André de Barrantes, San Xoán de Leiro, Santa Eulalia de Ribadumia e San Clemente de Sisán, todas elas primixeniamente románicas e con modificacións barrocas.

Moito antes foron construídos os castros que se conservan no municipio. O máis importante é o coñecido como Con das Sete Pías; pero tamén se conservan ben o de Leiro e o de Besomaño.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Cambados >>
Meis >>
Vilanova de Arousa >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©