Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     SANXENXO
No sur do Salnés, Sanxenxo acolle cada ano a milleiros de turistas que se dan cita para gozar das súas praias, do sol, e da festa.
Maior punto de encontro no verán

Sanxenxo pasou de ser unha vila señorial de veraneo durante os séculos XVII e XVIII a centro de xuntanza estival máis popular de Galicia desde os anos 70. O cálido microclima do sur do Salnés permite broncearse e gozar do lecer nas estupendas praias de Silgar, Baltar, Caneliñas, Montalvo, Foxos ou A Lanzada. A fermosa paisaxe das Rías Baixas e a súa localización privilexiada son outros dos activos turísticos de Sanxenxo: encóntranse nas proximidades o Balneario da Toxa, as illas de Ons e Arousa, e a cidade de Pontevedra.

Portonovo é o lugar por excelencia para a práctica de deportes náuticos en Sanxenxo: vela, windsurf, esquí acuático ou motos de auga. Pódese igualmente gozar dos deportes aéreos como o parapente e ultralixeiro, ou doutros máis clásicos como o motociclismo, equitación ou tenis. As noites de Sanxenxo son as máis longas de Galicia: adóitase comezar co "tapeo" nas tascas da vila e de Portonovo para despois pasar aos pubs de moda ata altas horas da madrugada, cando a festa se traslada ás discotecas próximas, centro de encontro de todos os mozos das Rías Baixas.

Monumentos de interese

A zona da Lanzada foi historicamente o primeiro punto de vixilancia do arcebispado de Compostela para prever os ataques de viquingos e musulmáns na Idade Media. O bispo Sisnando II ordeou no 952 a construción dunha fortaleza que, mediante fogueiras, avisaba a Cambados e Catoira da chegada dos atacantes.

Esta torre foi destruída case totalmente no século XV durante as revoltas dos Irmandiños, moi activas na zona. A que si resistiu os embates do tempo foi a capela románica de Nosa Señora da Lanzada. É moi popular a romaría na súa honra, onde, seguindo o rito celta da fertilidade, as mulleres toman á medianoite un baño de nove ondas para se protexeren da esterilidade e do meigallo.

Resultan de interese turístico os conxuntos relixiosos de Adina e Padriñán, así como o pazo de Gondar, que ofrece a visión dunha torre defensiva do século XV, o de Padriñán e o pazo do Virrei.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Illa de Ons >>
O Grove >>
Poio >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©