Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 24/01/2018
     XEOGRAFíA
O termo Rías Baixas refire o accidente xeográfico formado tras anegar o océano antigos e extensos vales fluviais, fenómeno comparable en Europa ás terras de Bretaña, Cornualles, Irlanda, Escocia e Noruega.

Desta acción mariña resultaron unha sucesión de tres penínsulas (O Morrazo, O Salnés e O Barbanza) e catro rías principais (Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo).

Localización

As Rías Baixas están no suroeste de Galicia, tendo como lindes o Océano Atlántico ao oeste, as comarcas de Santiago ao norte e o Baixo Miño ao sur, e as comarcas de Tabeirós-Terra de Montes, O Carballiño e O Ribeiro ao leste.

As Rías Baixas, en contraposición coas Rías Altas no norte de Galicia, caracterízanse pola suavidade das súas formas costeiras, mar e clima.

Os principais caudais fluviais das Rías Baixas, entre os máis importantes de Galicia, son o Lérez, o Umia, e o Ulla.

As máximas altitudes, de magníficos panoramas sobre mar e terra, acádanse no Monte da Muralla (674 m.), Monte Xiabre (641 m.), Faro de Domaio (624 m.) e Monte Castrove (613 m.). É característico das Rías Baixas o seu fenómeno insular, protexendo as entradas das rías (Sálvora, Ons e Cíes) ou deitadas ao abrigo destas (A Toxa, Arousa, Cortegada, Tambo e San Simón).

Clima

O clima das Rías Baixas caracterízase pola súa benignidade, de veráns cálidos e invernos mornos, con isotermas medias estivais de 20.5 ºC. e invernais de 9.0 ºC.

Certas zonas das Rías Baixas benefícianse de microclimas aínda máis favorables, como as estacións de Sanxenxo e Moaña, ao abrigo sureño do Salnés e do Morrazo.

Os índices pluviométricos corresponden ás medias de Galicia, obtendo os rexistros de Caldas: 1.900 mm; Sanxenxo e Moaña: 1.400 mm; e Pontevedra: 1.700 mm.

Os meses de outono e primavera rexistran a maior actividade pluviométrica, contrastando cos cálidos e secos períodos de estío.

Economía

O marisqueo, a pesca, o viño e o turismo son as máis importantes fontes de riqueza das Rías Baixas. É característica do Morrazo a actividade pesqueira, cos seus portos entre os primeiros de Galicia (Marín, Bueu e Cangas), en tanto que a ría de Arousa comanda a actividade marisqueira.

As Rías Baixas pertencen ao dominio florístico eurosiberiano, e igual que toda a banda costeira de Galicia, acusa unha intensa exploración forestal das especies de rápida medra como piñeiros e eucaliptos, en detrimento do enxebre poboamento de caducifolias.

Como primeiro productor mundial de mexillón, Galicia ten nas Rías Baixas os seus máis importantes activos da industria conserveira, sendo tamén estas comarcas pioneiras nas técnicas doutros cultivos mariños. As bateas, sementeiros de mexillón espallados por todas as rías, forman parte inseparable da paisaxe do suroeste galego.

Comercializados baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas e aínda cultivados de xeito artesanal, os viños do Salnés e Pontevedra gozan de grande reputación en Europa, onde veñen acadando numerosos trofeos e mencións internacionais.

O sector terciario desenvolveuse extraordinariamente nas últimas décadas, convertíndose as Rías Baixas no principal destino do turismo estival de masas en Galicia.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
As súas xentes >>
Comunicacións >>
Historia de Pontevedra >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©