Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 20/10/2018
     PONTEVEDRA MONUMENTAL
A cidade histórica de Pontevedra posúe unha gran singularidade. O orixinario barrio antigo da vila está declarado Conxunto Histórico-Artístico.
Prazas

PRAZA DA CONSTITUCIÓN e CASA DO CONCELLO
Fermosa praza presidida polo monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio e polos restos do convento dominico de Santo Domingos, do século XIV, convertido en Museo Arqueolóxico e declarado Monumento Histórico-Artístico.

PRAZA DA FERREIRIA

Hai séculos traballaban aquí os ferreiros de Pontevedra, e celebrábase o mercado dos sábados. Entre os edificios da praza destaca O Rexidor, de 1536. A Fonte da Ferreiría, do século XVI, foi trasladada aos xardíns da igrexa de San Francisco.

PRAZA DE TEUCRO

Nobre praza na que se encontran os pazos de Montenegro, San Román, Aranda e Guimarei.

PRAZA DA LEÑA

Vendíase aquí a leña para as cociñas. Desta praza destacan a Casa de Fernando López, o Pazo de García Flórez, e o edificio de Castro de Monteagudo.

Museo provincial

Inaugurado en 1965 e declarado Monumento Histórico-Artístico, este importante centro de cultura e investigación de obrigada visita exhibe pezas celtas como o Tesouro de Caldas, cartografía, cerámica popular, pinturas, esculturas, e outros fondos relacionados con Pontevedra.

Patrimonio relixioso

BASILICA DE SANTA MARIA

Construída polo gremio dos mareantes no século XVI, é un dos mellores exemplos da arquitectura renacentista galega. De planta basilical e tres naves, a portada é plateresca, realizada por Cornelius de Holanda e Xoán Noble. No interior destaca o retablo da Capela Maior e o Púlpito, obras de Magariños.

CONVENTO DE SAN FRANCISCO

O templo actual data dos séculos XIV e XV, de estilo gótico, declarado Monumento Histórico-Artístico. Garda no seu interior nobres sartegos, entre eles o do Capitán Paio Gómes Chariño, do século XIII, militar galego que conquistou a cidade de Sevilla.

CAPELA DE NOSA SEÑORA A PEREGRINA

Construción do século XVIII adicada á patroa de Pontevedra, de estilo barroco e neoclásico con influencias portuguesas. De planta circular en forma de vieira, a tradición conta que a Virxe guiaba a Compostela os peregrinos que arribaban por Baiona.

MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE LÉREZ

Declarado Monumento Histórico-Artístico, o mosteiro beneditino conserva parte do claustro do século XVI e a igrexa do século XVIII, de feitura neoclásica e fachada barroca. Os arredores naturais do mosteiro están catalogados como Paraxe Pintoresca.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Pontevedra >>
Historia de Pontevedra >>
As súas xentes >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©