Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 20/04/2019
     REDONDELA
Está situada entre Soutomaior e Vigo. Conta con fermosas praias de area escura, como a de Cesantes, de máis de dous quilómetros de lonxitude. En Redondela hai gravados rupestres, pazos moi ben conservados e un casco urbano marcado polas pegadas da Revolución Industrial.
A ponte do ferrocarril

Redondela é sinxela de identificar porque o centro da vila está atravesado por unha ponte metálica. Por aí pasa o tren que une Ourense con Vigo. Foi construído no 1873 pola casa Paent, Schaken, Howell e Caillet. A sua particularidade é que mantén a celosía metálica, un dos poucos que se conservan deste xeito en España.

Os interesados na arquitectura civil poden atopar nesta vila unhas marabillosas vistas da ponte de Rande, enmarcada entre a illa de San Simón e, ao fondo, as illas Cíes.

Cidade de pazos

Pero antes da Revolución Industrial, Redondela foi berce de familias adiñeiradas e nobres. Boa mostra son os numerosos pazos que se conservan. Entre os máis destacados está o pazo de Pousadoiro, construído polo militar vigués de orixe catalá Francisco Marcó no 1740 e reformado ao longo do século XIX.

Tamén teñen sona os dous pazos do século XVII, o de Torrecedeira e o de Reboreda; sen esquecermos o pazo Torre de Agrelo, con dous dos torreóns defensivos mellor conservados de Galicia encaramados sobre a enseada de San Simón.

As mámoas de Chan das Formigas

Entre as parroquias redondelanas de Trasmañó e Cabeiro está unha das maiores necrópoles megalíticas do ámbito galego, a de Chan das Formigas. Alí, o visitante pode atopar máis de corenta mámoas de diferentes medidas e estados de conservación.

Pero tamén hai gravados rupestres nos lugares de Negros (no monte do Castro) e Ventosela (en Vilar do Mato). E é que os primeiros vestixios de poboamentos na zona datan do 3000 antes de Cristo.

Respecto á arquitectura relixiosa, cabe destacar a igrexa de Santiago de Vilavella, do século XV pero con numerosas reformas posteriores; a capela das Angustias, cunha interesante portada barroca e a ermida de Nosa Señora do Viso, emprazada nun lugar con fermosas vistas da ría de Vigo.

As illas de San Simón

Son dúas fermosas illas unidas por unha ponte. A do norte chámase Santo Antonio e a do sur é San Simón. Están situadas na tranquila enseada de San Simón, protexida da dureza do océano pola ría e as illas Cíes.

Estiveron habitadas polos templarios desde o século XII ao XIV. Cando estes caeron en desgraza, pasaron a habitala os franciscanos. Estivo baleira os séculos XVI e XVII, debido aos recorrentes ataques ds ingleses. Despois, volveron os monxes ata que se mudaron no 1830. Desde aquela data foi usada como leprosaría.

Durante a Guerra Civil, as súas instalacións foron adaptadas como cadea. Por ela pasaron moitos destacados galeguistas e republicanos aos que despois mataron. Agora está a ser recuperada como Centro da Memoria Histórica.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Mos >>
Soutomaior >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©