Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     VILANOVA DE AROUSA
Vilanova de Arousa, berce de Ramón María del Valle-Inclán, é lugar de historia e pazos, ademais de contar cunha envexada gastronomía e engaioladoras paisaxes.
A riqueza do Mar de Arousa

O mexillón da ría de Arousa, exportado a todo o mundo, cultívase nas numerosas bateas que conforman a peculiar paisaxe destes lares. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos mariños, no século XIX, propiciou a creación de fábricas de salgadura que foron as devedoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e principal fonte de riqueza.

Vila de Ramón María del Valle-Inclán, consérvase a súa casa natal, o Pazo do Cuadrante, do século XVI, construído sobre unha antiga fortaleza, declarado Monumento Histórico-Artístico e hoxe museo.

Outras mostras interesantes de arquitectura civil e relixiosa son a casa do histórico xornalista Julio Camba, o Pazo da Rúa Nova en András, e mais a igrexa de Santa María en Caleiro.

Vilanova, vila vella

A pesar do seu nome, este lugar ten unha longa historia para contar. Nel atopáronse restos paleolíticos na praia de Sinas, e da Idade de Bronce en Tremoedo e Baión. Da época romana consérvase a Ponte dos Padriños, en Ponte Arnelas, así como un pequeno tesouro de máis de 700 moedas imperiais atopadas en Tremoedo.

No século VII, o monxe San Froitoso ergueu nestas terras o mosteiro de Cálago. Este mosteiro foi destruído durante as invasións viquingas dos séculos IX e X, pero os seus alicerces foron aproveitados para construír a antiga igrexa parroquial.

Mostra dos combates cos normandos e dos intentos de protección de Compostela son as fermosas ruínas das torres de Xanfardán, en Tremoedo, e o miradoiro de Lobeira, na parroquia de András.

Vilanova ofrece ademais atractivos naturais, como as densas fragas nas beiras do río Umia e o visionado da multitude de aves que aniñan nas súas costas. Entre as súas recoñecidas praias destacan a das Sinas e a do Terrón, as dúas superiores ao quilómetro de longo e resgardadas do vento.

En canto ás festas, Vilanova conta cunha ampla oferta durante o verán, entre as que destacan o Corpus Christi, en xuño, e a Romaría Internacional, no mes de xullo. Ademais, este municipio organiza en agosto a súa propia Festa do Mexillón e do Berberecho, onde se pode gozar de magníficas degustacións.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Ramón María del Valle-Inclán >>
Cambados >>
Illa de Arousa >>
Vilagarcía de Arousa >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©