Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     BAIONA
No 1493, a carabela Pinta chegou a Baiona e revelou que había terra máis alá do Atlántico. América acababa de ser descuberta para Europa e os primeiros en sabelo foron os baioneses, que sempre mimaron o mar, conscientes de que sería a maior riqueza desta capital turística das Rías Baixas.
Enclave turístico envexable

A atracción que Baiona exerce sobre os visitantes está totalmente xustificada. Conta cun dos portos deportivos máis antigos e mellor equipados de Galicia, fermosas paisaxes de praia e de montaña, numerosas mostras de arquitectura histórica e, ademais, fermosos paseos, miradoiros e monumentos.

No apartado natural, hai que destacar o estuario do val Miñor, que vai desde o límite con Nigrán ata a ría de Baiona. Conta con partes areosas, marismas e abundante vexetación salina. É ideal para unha ruta que pase polo estuario e siga pola faldra do monte Groba, que fai as veces de miradoiro sobre as Rías Baixas. No lugar dos Lameiros atoparemos petroglifos, preto do Chan da Lagoa.

Máis achegado á cidade está o paseo de Monte Boi, que conta con xardíns e inmellorables vistas das praias desde Baiona ata preto de Vigo. Xa na beira do mar, os areais ofrecen variedade e bos servizos. Pódense atopar pequenos e con sedimento groso, como os de Cuncheira e Os Frades. Hainas tranquilas como a de Ribeira e Barbeira, e máis abertas ao mar, como a de Ladeira.

Quen guste do submarinismo non debe deixar de visitar os fondos das illas Estelas. Na superficie son pequenos montículos con variedade de aves mariñas. Pero os fondos son dunha inmensa riqueza. Como particularidade, dispón cun "arrecife artificial", provocado por un barco liberiano que afundiu no 1976 e agora está colonizado por moluscos, crustáceos e estrelas de mar.

A Pinta chega a Baiona

Os historiadores atribúenlle a fundación desta vila a Diómedes de Etolia, un dos monarcas que participou na Guerra de Troia. O historiador romano Plinio identificouna co nome de Abróbiga na época romana. Pola súa situación no litoral sufriu continuos ataques dos bárbaros (século V a.C.), de piratas normandos (século IX) e do pirata inglés Drake (século XVI).

No século XV, o rei Xoán II outorgoulle o privilexio de poder descargar mercadorías do exterior. Isto provocou o seu florecemento económico nos seguintes séculos e unha oportunidade excepcional: ser a primeira vila en recibir noticias da descuberta de América.

O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, chegou ao porto de Baiona. Traía con el ouro, cereais descoñecidos e a expectativa dun mundo novo por explorar. Esta ocasión lémbrase cada primeiro de marzo coa Festa da Arribada. No porto baionés pode visitarse unha réplica da carabela Pinta.

A fortaleza de Monte Real

A finais do século XV, os Reis Católicos obrigaron os veciños de Baiona a mudarse dentro da muralla, que se construíra no século XIV. Pero só lles fixeron caso uns poucos anos. A fortaleza de Monte Real converteuse en residencia dos gobernadores da cidade. Ten unha impoñente presenza sobre a vila e mantén tres torres: a do Reloxo, que olla cara á terra, a da Tenalla, sobre a baía, e a do Príncipe, que fita o mar.

Outro monumento moi visitado é o da Virxe da Rocha, no monte Sansón. Edificouna no 1930 o arquitecto modernista porriñés Antonio Palacios. De 15 metros de altura, a virxe suxeita nunha man unha barca que é en realidade un miradoiro ao que se sobe polo interior da Santa. No arredor hai un amplo parque recreativo.

Polo demais, Baiona conta con outros atractivos, como o casco antigo, considerado Conxunto de Interese Histórico-Monumental, o paseo marítimo, o cruceiro da Santísima Trinidade e as igrexas de Santa María de Baiona (século XIII) e santa Cristina (século X).

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Gondomar >>
Nigrán >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©