Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     GONDOMAR
O tercero domingo de xuño celébrase a rapa das bestas na parroquia de Morgadáns. Gondomar forma un anfiteatro natural sobre Baiona e Vigo, o que a converteu desde sempre nunha terra atractiva para os señores máis importantes de Galicia.
O pazo de Gondomar

É inexcusable a visita a este gran pazo, que pertenceu aos condes de Gondomar. A súa base é do século XII, pero sufriu múltiples reformas. A máis significativa foi no século XVII, cando o conde Diego Sarmiento de Acuña acometeu a maioría das obras que hoxe se conservan. Este conde foi un político prestixioso da Coroa española. Repeleu o ataque do capitán Drake a Vigo e gozou da graza do rei Felipe III.

No século XVIII o pazo incendiouse e quedou abandonado ata finais do XIX, cando o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli. O pazo conserva unha gran finca, muralla, torreóns e ornamentadas portas.

Outros pazos destacables desta localidade son o de Pampillón e a Pousa de Vilarés. O pazo de Pampillón pertenceu á familia Arines Troncoso desde antes do século XVII e conserva a clásica estrutura das casas señoriais desta época. A Pousa de Vilarés foi edificado no 1725 polo alcalde da cidade de Tui, Domingo de la Fuente. Conta con escaleiras exteriores, corredor e unha fermosa galería.

O antigo Gundemaro

En Gondomar, situado a 15 quilómetros de Vigo e a 4 da costa de Baiona, hai restos prehistóricos de arredor do 1000 a.C. No Chan do Cereixo pódense visitar os gravados rupestres do monte de San Antón e as mámoas e castros conservados nos lugares de Donas, Chaín e Vincios. Nestes asentamentos foron atopados tamén diversos utensilios, como machadas de bronce.

Durante a dominación do Imperio Romano, a comarca estaba atravesada pola estrada que unía Tui e Vigo. Máis tarde, apareceu un novo poboamento: o Padre Sarmiento atopou documentación onde aparecía nomeado como Gundemaro. Probablemente esta sexa a raíz do seu actual nome.

No 1149, o rei Afonso VII cedeulle a Áurea Bellida uns terreos para que construíse un mosteiro feminino baixo a regra de san Bieito. O mosteiro de Santa Baia marcou a toponimia local: a parroquia de Donas fai referencia á estadía destas monxas. Ademais, o lugar de Morgadáns deriva de morgado, o nome dunha forma de explotación señorial dos terreos. Da presenza deste convento queda ademais a igrexa que construíron, a de Santa Eulalia de Donas, que conserva a portada románica orixinal.

A rapa das bestas de Morgadáns

Un dos costumes máis espectaculares dos gandeiros do sur de Galicia é o da rapa das bestas. Hai centos de cabalos que viven salvaxes nos montes, pero teñen cadanseu dono. Unha vez ao ano, neste caso, o terceiro domingo de xuño, os veciños reúnen os animais nun curro (un curral valado con madeira). Alí, en aires de romaría, os homes e mozos enfróntanse aos cabalos para cortarlles as crinas. O obxectivo é marcar os animais novos e separar os que van venderse ou utilizarse como animais para os traballos agrícolas.

Ademais da rapa, en Gondomar destaca a Festa da Rosquilla, no primeiro domingo de xullo. Tamén son moi populares as alfombras que se compoñen con flores no día de Corpus Christi, a finais de maio.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Baiona >>
Nigrán >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©