Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     O PORRIÑO
Cando falamos de granito, as canteiras do Porriño son unha referencia mundialsobre todo pola prestixiosa variedade "Rosa Porriño". Pero ademais, este lugar ofrece fermosas paraxes naturais e unha variada gama de obras do arquitecto Antonio Palacios.
Unha vila modernista

Conta a tradición que o nome do Porriño deriva dun apelido, o de Xan Porro, que habitou o lugar hai séculos e construíu as primeiras vivendas do actual núcleo urbano, as xa derrubadas casas do Picollo. Estas edificacións estaban á beira da capela de San Sebastián, unha construción moi rudimentaria situada aínda hoxe no centro do actual casco urbano. Hai outras construcións relixiosas destacadas. Está a igrexa de Santa María, reconstrución dun edificio do século XVI, a capela do Cristo e a capela de San Bieito, as dúas do século XIX.

O Porriño medrou a partir de mediados do século XIX. No primeiro terzo do XX tivo a sorte de contar cun veciño de excepción: Antonio Palacios (1874-1945). Este arquitecto modernista, autor de prestixiosas obras como a Virxe da Rocha de Baiona ou o Banco Mercantil e outros edificios no centro de Madrid, fixo algunha das súas mellores pezas na súa vila natal.

Así, o edificio do Concello do Porriño é dos de visita obrigada, pois nel (erguido no 1919) sintetízase a esencia máis espectacular e galega de Palacios. Lembra un edificio medieval polo seu uso de arcos, torre e contrafortes. Tamén é obra del a botica nova (1912), edificada para o seu irmán cunha sensible mestura de sinxeleza e modernismo. O terceiro monumento de Antonio Palacios é a Fonte do Cristo (1904), que se asenta nunha pequena praza en lembranza dun antigo cruceiro sito no lugar.

A obra máis curiosa de Palacios no Porriño é o Pavillón Metropolitano. O que está chantado nas rúas porriñesas é a verdadeira porta de acceso ao metro de Madrid, que deseñou Palacios no 1919 e que foi sustituída nos anos setenta. O Colexio de Arquitectos de Madrid pediu que non se destruíse e a solución final levouno ao Porriño.

O granito e as paraxes de Budiño

Xa no casco urbano se percibe a fonda relación do Porriño co granito. Os soportais e boa parte dos aderezos dos edificios son deste material. Non é de estrañar que a vila conte cun Museo dos Minerais. É o único desta tipoloxía en Galicia. Conta con pezas dos cinco continentes e tamén con restos de meteoritos extraterrestres.

O Porriño está rodeado de montañas graníticas, como o Penedo do Pianista, o monte da Risca e o Faro de Budiño, que ofrece as vistas máis xenerosas, ademais de restos de asentamentos castrexos e romanos.

Todo o contrario compóñeno as Gándaras de Budiño, unha ampla chaira que discorre ao redor do río Louro. Forma zonas de lagoa e ofrece imaxes da tradicional fraga galega. Neste punto tamén se detectaron vestixios de asentamentos paleolíticos e mámoas.

Paso indispendable camiño da costa

Pola súa situación intermedia, O Porrriño é un nexo de unión entre o interior e o litoral vigués, e tamén entre Galicia e o Norte de Portugal. Esta proximidade fai que as súas festas sexan moi concorridas e populares. As máis importantes son as Festas do Cristo, no mes de setembro, rodeadas de toda caste de festexos culturais e deportivos. Tamén hai que prestarlles atención ao Entroido, á romaría da Risca e á festa de San Sebastián. No apartado culinario é moi coñecida a Festa dos Cogomelos, celebrada no mes de novembro.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Mos >>
Salceda de Caselas >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©