Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 20/04/2019
     SALCEDA DE CASELAS
Salceda de Caselas é o lugar perfecto para deixar o coche, poñer un calzado cómodo e andar. O Sendeiro das Greas combina fermosos e relaxantes montes con coidados pazos, mostra dun impoñente pasado señorial.
Un cárcere para a raíña Aragonta

Salceda debe o seu nome ao mosteiro de Santa María de Saliceta. Este edificio foi fundado no 914 e funcionou como refuxio da raíña Aragonta, que foi repudiada no 923 polo seu esposo, o rei de Galicia e León, Ordoño II. A muller pasou máis de medio século pechada en Salceda, ata que morreu.

Esta historia dá mostra de que xa no século X era un lugar ben considerado. O seu clima suave e a fertilidade das súas terras favoreceu que moitas familias de liñaxe decidiran instalarse nesta zona. Desde o século XVI, as estirpes máis coñecidas de Galicia, por exemplo os Soutomaior, Correa ou Troncoso de Lira, tiveron pazo en Salceda.

O sendeiro das Greas

As greas son as manadas de cabalos salvaxes que antano dominaron os montes de Salceda. Mais o que predomina hoxe en día son as paisaxes fermosas: unha coidada mestura de monte e cultivos de vide ou dos máis novidosos kiwis.

A ruta comeza no Faro de Budiño e moi pronto chega ao pazo de Picoña e ao coñecido como Casa Grande, construído no 1543 por Morguete Rodríguez e moi poderoso na comarca ata o século XIX. Despois alcanza o parque dos Agoeiros e o pazo de Aballe, posuidor dun magnífico xardín arbóreo. Pouco máis adiante está o pazo de Pegullal, rodeado do espazo natural das Covas e o pazo de Corisca. Ademais, o camiño bordea varias construcións relixiosas: a capela da Pedra de Auga, a igrexa de san Xurxo e a románica igrexa de Entenza.

A figalguía decaeu no século XIX pero as súas vivendas son consideradas hoxe o patrimonio máis importante do Concello.

Os callos, o orgullo culinario

Na cabeza do municipio celébrase cada mes de febreiro a Festa dos Callos, verdadeiro manxar nesta comarca. Outras celebracións importantes son a do Cristo da Agonía, en xullo e a festa da Virxe da Concepción, o primeiro domingo de agosto.

Ademais, en Salceda teñen especial relevancia as festas do Entroido, sobre todo nos barrios da Feira e de Castro-Barreiro. Son moi coloridos e ofrecen divertidos desafíos entre os veciños, por veren quen gaña en imaxinación, beleza e valentía nos discursos pronunciados ante os paisanos.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Gondomar >>
O Porriño >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©