Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     MOS
Este pequeno municipio está convertido nunha dinámica zona industrial, grazas á súa estratéxica situación, a 8 quilómetros de Vigo e atravesado polas principais vías de comunicación con Portugal e coa Meseta. Pero Mos garda un pasado de nobre liñaxe e, máis alá, de intensa actividade prerromana.
O marquesado de Mos

No Medievo, este lugar era coñecido polo nome de Molis. No século XVII, o rei Carlos II concedeulle o privilexio de ostentar un marquesado. O primeiro marqués de Mos foi Gabriel Sarmiento de Soutomaior, Grande de España, descendente dun ilustre liñaxe galego. O municipio tamén foi declarado "Vila", título que perdeu no século XIX despois de ser destruída na Guerra da Independencia contra os franceses.

Mostra do seu pasado señorial, hoxe pode visitarse o Pazo de Mos, do século XVII, que lles pertenceu aos marqueses da localidade.Tamén está ben conservado o Pazo de San Antonio, construído un século antes.

No apartado eclesiástico, Mos conta con dúas igrexas de estilo románico do século XII: a de Santa María de Guizán e a igrexa de San Salvador Louredo, reformada con detalles barrocos no século XVIII.

As pegadas dos primeiros poboadores

Mos é un val de climatoloxía temperarada e estaba protexido dos ataques que sufrían os núcleos do litoral. Estas características convertíana nun lugar adecuado para ser habitado. E foino. Nas actualidade pódense visitar varios castros prerromanos: están o de Petelos e o de Erville (ambos no monte do Castro), o de Torroso, o de Rexomil (en Guizán) e o castro da Cividade (na parroquia de Louredo).

Ademais de vivendas castrexas tamén se atoparon complexos megalíticos funerarios nas parroquias de San Pedro de Cela, San Martín de Tameiga e San Salvador de Louredo.

Máis moderno é o miliario de Santiaguiño de Antas, unha marca romana que sinalaba as distancias nas súas magníficas calzadas.

Boa terra para os cogomelos e as rosas

No mes de xuño, Mos celebra un Día da Exaltación da Rosa, mostra da calidade das plantacións familiares que pola comarca adoitan atoparse. Ademais, cada parroquia celebra no verán a festa do seu respectivo patrón, o que fai que os meses de agosto e setembro estean salpicados de festexos: San Salvador de Louredo, San Mamede de Mos... En outubro, celébrase o San Cristo da Vitoria de Mos.

Unha das celebracións que máis xente atrae a Mos a a súa Festa da Prehistoria, no mes de agosto. Nela, os asistentes disfrázanse de habitantes castrexos, comercian nun mercadiño de artesanía, asisten a charlas e demostracións, e fanlles invocacións aos antepasados que están soterrados nas mámoas do Concello.

Máis alá das festas, Mos tamén ofrece interesantes rutas de sendeirismo polas que gozar da paisaxe e do estendido costume de recoller cogomelos. Lugares de excepción son a praia fluvial do Solombo (en moi boas condicións para o baño) e o miradoiro de Erville. Tamén é común a afección á pesca no río Louro, onde se poden atopar troitas e outros peixes miúdos, como a anguía.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
O Porriño >>
Redondela >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©