Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     PAZOS DE BORBÉN
Cinco ríos e varios montes contaxian a Pazos dun aire escarpado e interior pouco apropiado para unha localidade tan achegada ao Océano Atlántico. As súas paisaxes abruman pola súa fermosura, pero Pazos de Borbén ten moito máis que ofrecer.
As muiñadas de Pazos

En pouco máis de 50 quilómetros cadrados, este municipio conta con 60 muíños de auga. E é que Pazos de Borbén está atravesado por cinco ríos: Borbén, Pequeno, Alvedosa, Barragán e Louro . Todos eles están salpicados de muíños, pequenas edificacións que aproveitan a forza da auga para moer o gran e facer a fariña. Algúns deles remóntanse á época dos romanos e varios funcionaron ata ben entrado o século XX.

E onde hai ríos, tamén hai montes: o Pico da Serra, o Paraquitín, o Galleiro e o Saramogoso. Pazos conta cunha paisaxe escarpada ideal para o sendeirismo. Esta aspereza do terreo facilitou que durante a Guerra Civil (1936-1939) moitos republicanos e galeguistas fuxiran dos fascistas e se agochasen, sobre todo, no monte de Saramogoso.

A romana vila de Burbida

Algúns historiadores defenden que o topónimo de Borbén deriva e correspóndese coa vila romana de Burbida, que floreceu nos séculos III e IV d.C. pero nunca chegou a ser situada con exactitude. O que si está documentado é que a comarca estivo habitada antes dos romanos, é dicir, previamente ao I a.C.

Atopáronse diversos restos arqueolóxicos, como machadas e cerámica, que están expostos no Museo Provincial de Pontevedra. Os que se manteñen virxes en Pazos son os gravados rupestres. Hai que destacar a Pedra das Tensiñas, na parroquia de Amoedo. É unha ampla rocha con cinco grupos de gravados rituais. Hai orificios excavados e unha das escenas representa o apareamento de dous cervos de grande cornamenta.

Máis tardíos son os cruceiros. É moi aconsellable a Ruta dos Defuntos, na parroquia da Ermida, que segue un bo número de cruceiros dunha arquitectura popular. No referente ás igrexas, todas datan dos séculos XVI, XVII e XVIII e responden a estilos renacentistas e barrocos. A maioría foron construídas sobre a base de anteriores templos románicos. Destacan pola súa vistosidade os santuarios de San Sadurniño de Amoedo e de San Martiño de Nespereira, nas que aínda se poden observar algúns rasgos medievais.

As patacas, o produto máis valorado

Como en tódolos puntos de Galicia, cada parroquia de Pazos celebra as súas festas estivais. As máis sinaladas son as dedicadas a Santa María, o 15 de agosto en Pazos, e a romaría do Santo Aparecido, tamén en agosto. Ademais, son moi importantes as festas do Entroido e a Festa das Patacas, que en abril, na parroquia da Ermida, exalta a calidade deste produto na zona.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Fornelos de Montes >>
Redondela >>
Soutomaior >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©