Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     FORNELOS DE MONTES
A paisaxe de montañas e vales destaca sobre tódalas cousas en Fornelos. As rutas de sendeirismo aderezan con gravados rupestres e magníficas historias medievais as marabillosas vistas
Or irmandiños contra o castelo de Alemparte

No 1467, este lugar converteuse no centro da revolta social dos campesiños galegos contra os abusos feudais. Os irmandiños atacaron a torre medieval de Alemparte. Non venceron, pero avisaron. Era unha fortaleza difícil. Quince anos despois, tampouco o bispo de Tui logrou conquistala. Hoxe aínda poden observarse as ruínas deste signo da historia, que foi derrubado no 1890, na parroquia de San Lourenzo, no lugar de Chans de Vilán.

En canto á arquitectura de carácter relixioso, é destacable a igrexa da cabeza do municipio, que ofrece unha fermosa torre de estilo barroco. Ademais, é curioso observar o sistema de construción das vivendas nesa zona. Están feitas ao redor duna praza e todas cumpren os mesmos requisitos estilísticos nas portadas (sobre todo nos balcóns), o que ofrece unha agradable impresión.

Na busca de poboamentos prerromanos

Roma non amosou interese pola abrupta paisaxe de Fornelos. Non así a cultura castrexa, que habitou os ricos vales fornecidos de auga polos ríos Oitavén, Barragán e Parada. Durante un paseo polo municipio, o visitante pode ollar os gravados rupestres en Galos ou os asentamentos castrexos no monte da Cividade, en Oitavén. Este asentamento está bastante ben conservado: mantén parte dos muros das vivendas e tamén algunhas defensas.

Tamén hai restos arqueolóxicos no monte Castrove (na Laxe) e no monte Castelo (en Calvos). Mais, sen dúbida, a xoia arqueolóxica de Fornelos é o sartego antropoide escavado na rocha, en Vilán, no lugar de Fornelos.

A natureza, un valor por explotar

Fornelos posúe recursos naturais e ecolóxicos con moitas potencialidades. Son dignos de visitar a serra do Suído, o encoro de Eiras, onde hai unha praia fluvial, ou todo o curso do río Oitavén.

Sobre as festas, as máis importantes son as de San Lourenzo, na parroquia de Fornelos, o día 10 de agosto.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
A Lama >>
Pazos de Borbén >>
Ponte Caldelas >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©