Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 20/04/2019
     PONTECESURES
Non ten mar, pero Pontecesures foi o porto exterior de Iria Flavia grazas a que o Ulla é navegable ata este punto. Baixo as súas auga abunda a lamprea, titular da festa máis coñecida do lugar.
As relacións por mar

Pontecesures foi unha potencia marítima, aínda estando ubicada no interior. Están documentadas relacións comerciais cos fenicios, cos gregos e cos cartaxinenses desde arredor do século VI a.C. Fixo as veces de porto exterior da comarca de Iria Flavia. Esta relación co mar seguiu no medievo, cando o porto funciounou como estaleiro de barcos de guerra para a loita de Castela contra os musulmáns.

O nome do municipio deriva da ponte romana que uniu as dúas marxes do río Ulla. Esta ponte foi reformada polo prestixioso mestre Mateo. A súa imaxe actual débese ás obras de mantemento realizadas do ano 1911. O termo Cesures deriva probablemente da palabra latina "censuris", e fai referencia a que na época do Imperio Romano, era nesta vila onde se facían os censos de poboación.

Encrucillada cara a Santiago

A súa situación xeográfica converte a Pontecesures nunha punto de encontro de camiños de Santiago. Por esta vila pasaban os que chegaban desde Portugal e sobre todo os que viñan por mar e entraban polo río Ulla.

Esta forte relación cristiá fai que o municipio conte con numerosos cruceiros de interese arquitectónico. Destacan o da Obra Pía de San Lázaro, o de Carreiras e o de Alfolí da Cova. A igrexa parroquial de Requeixo, mandada construír polo arcebiso Xelmírez está dedicada a San Xulian e é unha mostra perfecta do florecer románico galego.

En canto á arquitectura civil, é emblemático o edificio da Real Fábrica de Tabaco, que ordeou facer o rei Carlos IV a finais do século XVIII. Tamén deste século, pero de feitura máis tradicional é o Pazo da Cova, situado no barrio do Porto.

A riqueza do río Ulla

A paisaxe de Pontecesures está dominada pola presenza do río, que discorre por fermosos montes de freixos, bidueiros e salgueiros, surcado por numerosos camiños aptos para o sendeirismo. A riqueza das marismas do Ulla é tal que foron declaradas Parque Natural.

Ademais, o río é apto para a pesca de troitas, salmóns, anguías e, sobre todo, lampreas. A este último peixe dedícaselle a Festa da Lamprea, o domingo que segue á Pascua. Outra celebración con presenza gastronómica é a de San Roque, en agosto, na que todos os anos se organiza unha gran mexilloada.

Asi e todo, a festa mais enraizada é a romaría de San Lázaro, o domingo da Paixón. Está documentada xa no século XIV, o que a converte nunha das romarías máis antigas de Galicia.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Caldas de Reis >>
Catoira >>
Valga >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©