Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     VALGA
A riqueza do río Ulla combínase en Valga coas súas fantásticas paisaxes de montaña. O dobre contorno deste municipio fai que se mesturen actividades de interior, como rutas de sendeirismo ou a rapa das bestas, con praias fluviais ou a Festa da Anguía.
As marcas do pasado

A súa envexable situación xeográfica fixo que os territorios do que hoxe é Valga estivesen habitados desde polo menos o 2000 a.C. Está preto do mar, totalmente protexido pola ría de Arousa, á beira dun río e con montañas para defenderse dun posible ataque. A presenza de poboamentos queda demostrada polos ben conservados petroglifos que perduran na actualidade. O máis destacado é o petroglifo de Camporredondo, coñecido como Pedra das Serpes pola combinación de círculos e labirintos con liñas serpentiformes.

Pouco máis tardío é o castro de Setecoros, onde se atoparon diversos materiais como unha machada de cobre e unha ánfora. Cabe destacar a Pedra do Castro, tamén en Setecoros, chamada así porque na súa cima conta con cimentacións de casas circulares. Na súa parte inferior hai un túnel que a atravesa horizontamente.

Os romanos deixaron da súa estadía unha fermosa e modesta ponte sobre o río Valga, en Campaña. Da Idade Media quedan dúas ingrexas do século XII, de estilo románico. Trátase da igrexa de Santa Cristina de Campaña e da de Santa María de Xanza, na que se pode admirar unha pía bautismal románica, de feitura cuadrangular. Outro templo interesante é o de Santa Comba de Louro, en Cordeiro. Este edificio foi construído no século XVIII, seguindo o estilo barroco, polo mestre de obras Xoán Fontenla.

O valor da natureza

Valga dispón de encantadoras vistas tanto de montaña como de val fluvial. Os miradoiros máis indicados son A Chan, no monte de Setecoros, desde onde se olla a ría de Arousa; o Alto de Camporredondo, que permite contemplar o val do baixo Ulla; e o miradoiro do Monte Xesteiras, desde onde se ven as terras da Estrada e Santiago. No monte Beiro é posible discorrer por un completo itinerario botánico-forestal, no que hai ata 40 árbores distintas identificadas con carteis.

Á beira do río Ulla pódese gozar de numerosas e interesantes rutas de sendeirismo, que pasan preto de varios muíños de auga e tamén dun muíño de vento, ao redor do cal se fixo toda unha área recreativa. Ademais, existen dous areais fluviais que abranguen case dous quilómetros do Ulla: a de Valga, en Monte Valga, e a praia fluvial de Vilarello.

Anguía con augardente

A celebración máis destacada é a Festa da Anguía, en agosto, na que tamén se celebran catas e degustacións da valorada augardente destilada na comarca. Antes, a mediados de maio, é a rapa das bestas no curro de Valga, onde os gandeiros baixan os cabalos do monte para cortarlles as crinas, marcar os potros e decidir cales van ser vendidos ou dedicados á labranza.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Caldas de Reis >>
Catoira >>
Pontecesures >>
A Bela Otero >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©