Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 24/05/2018
     BUEU
As praias de Bueu están protexidas pola illa de Ons, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas. O municipio ofrece interesantes rutas de sendeirismo, festas e o Museo Massó, que recolle a historia da industria conserveira na comarca
Unha historia ligada á industria conserveira

O nome de Bueu deriva do latín "Buhedo", que significa terreo pantanoso. O que hoxe é o casco urbano, foi antigamente dominio do mar. As primeiras pegadas humanas déronse nos altos: en Cela, no Outeiro, mesmo en Ons. Están documentados diversos restos megalíticos e tamén castros.

O desenvolvemento de Bueu empezou no século XIX coa introdución da industria da salgadura por parte de empresarios cataláns e italianos. No XX, a fábrica de Massó converteuse na máis importante de España no seu sector. Despois dunha crise económica desapareceu, pero hoxe consérvase a súa historia no Museo Massó, onde se exhibe unha variada colección de maquetas de barcos, cartas de navegación e manuscritos mariños.

Na actualidade, a vila segue a ser eminentemente mariñeira. Conta cun importante porto de baixura e boa parte da súa poboación está relacionada coa pesca de altura nos portos veciños de Marín e Vigo.

En fronte de Bueu encóntrase a illa de Ons. Os seus habitantes vendían polbo e marisco en Bueu. Nos anos 70 comezaron a instalarse na Península, polo que a illa quedou practicamente deserta, salvo no período estival. Ons está integrado no Parque Nacional das Illas Atlánticas, pois é o hábitat natural de numerosas aves mariñas en perigo de extinción, como o cormorán moñudo e a gaivota patiamarela.

A riqueza natural

O clima benigno e a súa gastronomía mariñeira fan de Bueu unha vila moi visitada nos meses de verán. Cómpre destacar a praia de Lapamán e as dúas con bandeira azul da Unión Europea: Portomaior e Area de Bon. Pero o Concello conta con moitas máis pequenas e protexidas calas que compoñen unha verdadeira ruta dos areais, digna de percorrer.

Outras rutas de sendeirismo aconsellables son as que levan ao cabo de Udra, en Beluso, ás aldeas de Meiro e Ermelo e ao alto de Chans, en Cela. Todos estes lugares contan con fermosas vistas da ría de Pontevedra.

En canto á arquitectura, Bueu conta coa igrexa románica de Santa María de Cela, do século XII, e tamén a de Santa María de Beluso, que foi moi reformada ao longo dos séculos. Entre as capelas, cabe destacar a Capela dos Santos Reis, un dos poucos templos europeos con esta advocación, construída no século XVII e renovada a mediados do XX con esculturas mariñas de Urbano Lugrís Freire. Tamén son dignas de ver a capela de Sanamedio, dedicada a San Mamede, a de Santa Cruz e as igrexas de Ermelo e Bueu.

Ademais, este lugar conta con varios pazos e casas grandes, entre as que destaca o Pazo de Santa Cruz de Quitapesares, do séc.XVII, o Pazo do Casal do século XV e o Pazo do Torrón, en Cela.

Polbo e viño, boa combinación

As festas máis concorridas de Bueu son a da Virxe do Carme, coa súa procesión de barcos pola ría, e o Corpus Christi, cando se confeccionan alfombras florais nas rúas polas que pasará a procesión.

En canto ás celebracións gastronómicas, o Concello organiza cada ano a Festa do Polbo. A aldea de Meiro leva anos traballando na recuperación dunha clase minoritaria de millo escuro, o millo corvo, que homenaxean na conseguinte Festa do Millo Corvo. E en Cela celebrase en xullo a Festa do Viño Tinta Femia de Cela, unha particular variante do Caíño do Salnés de moita tradicion e calidade.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Illa de Ons >>
Cangas >>
Marín >>
Pontevedra >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©