Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     CUNTIS
Desde tempos romanos, esta vila foi recoñecida polos tratamentos termais das súas augas curativas. A vila ofrece un interesante casco histórico, numerosos signos de poboamentos prerromanos e unha ampla oferta de relaxante turismo natural.
“Aqua Calidae” romana

A medio camiño entre Pontevedra e Compostela, Cuntis está considerada a capital termal de Galicia. Xa na época dos romanos, este lugar era coñecido como Aqua Calidae e viviu unha época de esplendor que deixou numerosos rastros. Nos últimos anos foron atopadas medallas e moedas de distintas etapas do Imperio, ademais de aras e utensilios de uso cotián. Tamén se mantén inalterada a ponte romana de Taboada, que separa Cuntis de Moraña.

Na actualidade a oferta termal de Cuntis é moi importante. As augas quentes deste lugar están especialmente indicadas para afeccións de tipo reumático e da pel.

Cuntis antes dos romanos

Pero antes do Imperio, o val do río Gallo estaba xa habitado. De arredor do 3000 a. C. datan as mámoas de Campo das Tombas, en Arcos de Furcos. Tamén se conservan ben os petroglifos de Cercequil e A Ran, este último cuns chamativos debuxos de cervos. Da época castrexa pódense observar varios castros en Meira, Castrolandín, Laxos e Castroloureiro.

Respecto á arquitectura, Cuntis ofrece un harmonioso casco vello, no que se combinan, prazas pequenas, edificios históricos e parques axardinados. Na Idade Media erguéronse as igrexas de Estaca, Arcos e Couselo. Tamén son dignas de ver algunhas mostras de pazo galego; neste caso, as reitorais de Estaca e Troáns.

O turismo natural

Máis alá das termas, Cuntis ofrece abondosas rutas de sendeirismo con vistas impresionantes desde os puntos máis altos do monte Xesteiras e de Castro Sevil. Tampouco hai que esquecer as praias fluviais da beira do río Umia, as de Pontenova e Lornés. No propio río Umia pódense practicar varios deportes náuticos, ademais da pesca.

Sobre as festas, a celebración relixiosa máis concorrida é a do Corpus Christi, en xuño. Unha das máis vistosas é a rapa das bestas que organizan os gandeiros de Cuntis na segunda metade do mes de xullo.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Barro >>
Caldas de Reis >>
Moraña >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©