Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     PONTE CALDELAS
O río Verdugo atravesa Ponte Caldelas de leste a oeste. Inclina a súa abrupta paisaxe cara a un val no que hai saltos, praias fluviais e enorme riqueza troiteira. Ademais, este municipio ten unha abondosa historia que quedou marcada na pedra.
A ponte de Caldelas

O Concello débelle o nome a unha ponte do século XVI que cruza o río pola cabeza do Concello, Caldelas, onde antigamente houbo un balneario de augas termais, ou "caldas". Separado uns 15 quilometros do litoral atlántico, Ponte Caldelas estivo habitado desde arredor do 2000 a.C. Mostra destes poboamentos prehistóricos son os petroglifos das parroquias de Tourón e Forzáns, entre os que o Outeiro das Sombriñas constitúe un dos mellores exemplos da arte rupestre galega.

Tamén se conservan en bo estado algúns castros da Idade de Ferro. No castro da Cidade, en Tourón, aínda se poden observar as defensas exteriores do poboado e algunhas construcións circulares. Son igualmente interesantes o castro de Chan das Pipas e o castro de Barbudo, ambos en Forzáns.

A vila da raíña Lupa

Conta a tradición que unha raíña pagá perseguiu os discípulos do Apóstolo Santiago cando tentaron cristianizar Galicia. Esta muller era coñecida como a raíña Lupa, ou Loba, e as lendas afirman que era natural e vivía en Ponte Caldelas.

Para desgusto da raíña, o municipio converteuse co paso dos séculos en zona de bo número de destacados templos cristiáns. Por exemplo, a igrexa románica de Tourón, do seculo XII, a igrexa de Santa Eulalia de Ponte Caldelas, na que destaca o retablo de pedra do mestre canteiro Manuel González, ou a capela de Santa Comba de Rebordelo, onde se celebra todos os anos a romaría na honra da Virxe da Saúde.

A riqueza monumental do lugar complétase con varios cruceiros e petos de ánimas, ademais do Pazo do Pombal, en Tourón, fundado no 1688 por Pedro de Pazos Proben.

A Festa da Troita

Pero se en algo destaca este Concello é no atractivo do río Verdugo. Ofrece centenarios montes de ribeira, pequenas cataratas e pasos (rústicas pontes compostas por pedras que vadean o río). Sobre o Verdugo pasa a ponte que lle dá nome ao Concello e son especialmente fermosos os pasos da Fraga e a praia fluvial da Calzada.

Os saltos permiten ver o espectáculo das troitas remontando o curso do río. Precisamente as troitas son as protagonistas da celebración máis coñecida desta vila, a Festa da Troita, celebrada o último domingo do mes de maio.

Como é habitual en Galicia, cada parroquia conta coas súas festas patronais. A máis destacada é a da capital, onde se celebra, a finais de agosto, o festexo na honra da Virxe dos Dores. Tamén son interesantes as romarías de Cristo Rei, no mes de xullo en Xustáns, e da Virxe da Saúde, en Anceu trala Semana Santa.

É moi peculiar a Festa dos Dores de Anceu, no mes de setembro. Nela, varios bailadores vestidos con sinxelos traxes brancos executan unha danza de suposta orixe celta.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
A Lama >>
Pontevedra >>
Soutomaior >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©