Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     A LAMA
A emigración conserva unha forte pegada na Lama. Un monumento lembra os emigrantes e varias festas do verán non terían sentido sen o seu regreso anual. A Lama ofrece paisaxes de montaña e varias mostras milenarias de poboamentos antigos.
Habitada desde hai 4.000 anos

A Lama ofrece unha paisaxe de montañas, vales e ríos que sempre foi fértil para a agricultura e a gandaría. Estas terras estiveron poboadas xa polas culturas megalíticas, entre os anos 4000 e 2000 a.C. Desa época consérvanse restos funerarios, mámoas, en Portela da Cruz, O Suído, O Seixo e Antas .

Da Idade de Bronce atóparonse fermosos utensilios, como unha espada de tipo argárico que se expón no Museo de Pontevedra. Si se poden observar os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro, Val do Gato e Laxa das Puzas. A riqueza ancestral deste municipio complétase cos castros identificados en Monte do Castro (Gaxate), Monte do Castro (A Lama) e Xende.

A emigración como símbolo

Na época medieval, e aínda máis tarde, a propiedade das terras da comarca estaban repartidas entre o Arcebispado de Santiago e o señorío de Soutomaior. Daquela, a pobreza dos habitantes obrigábaos a emigrar a Castela para traballar de temporeiros. No século XVII, a introdución da pataca e do millo procedentes de América aumentaron a produtividade e a riqueza dos campesiños. Desta época é a ponte de Verducido sobre o río Parada.

No século XIX volven as vacas fracas e a emigración, pero desta vez a América. Os cartos dos emigrantes fixeron posible a compra das terras aos nobres e construción de escolas. Trala Guerra Civil, a emigración virou a Europa, pero non cesou.

Como símbolo deste pasado, na parroquia de Antas, á beira do templo de Nosa Señora das Ermidas está chantado un fermoso e emotivo Monumento ao emigrante.

A romaría de Nosa Señora das Ermidas

Conta a tradición que nas Antas atopouse unha pedra coa imaxe da Virxe esculpida, no lugar das Sete Fontes. A pesar de diversos traslados, a pedra sempre aparecía misteriosamente no mesmo lugar. Ademais, máis tarde un labrego curou coa auga das fontes unha ferida que non lle deran sandado os médicos de Madrid, Vigo nin Compostela. Así naceu a devoción por esta santa, á que os veciños lle construíron unha modesta capela. A actual mandouna facer o crego de Abelaido, Inocencio Cendón, no 1890. Para celebrar esta devoción, cada 4 e 5 de agosto xúntanse os peregrinos en romaría.

Outras festividades aconsellables son a Festa do Pelete, unha celebración na que no mes de setembro se reparte viño acompañado de churrasco, carne ao caldeiro e cordeiro ao espeto. Tamén relacionada coa gastronomía está a Festa do Codillo, centrada na carne de porco.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Cotobade >>
Fornelos de Montes >>
Ponte Caldelas >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©