Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     COTOBADE
As festas do Requeixo e da Filloa son moi sonadas na provincia de Pontevedra. Cotobade ofrece boas paisaxes, restos arqueolóxicos, unha emocionante rapa das bestas e a carballeira de San Xurxo de Sacos, Espazo Natural Protexido
O couto do abade

O municipio debe o seu nome a unha torre medieval, do século X, coñecida como o Couto do Abade. Pertencíalles aos monxes beneditinos que exercían xurisdición sobre estas terras. Hoxe consérvanse os seus restos no monte Castelo. Tamén se manteñen en pé as ruínas do castelo de Tenorio, que habitaron primeiro os relixiosos e despois os duques de Soutomaior.

Case inalterados están os vestixios dos poboamentos prerromanos. Hai máis de 150 debuxos petroglifos atribuídos ás Idades de Bronce e de Ferro. Os máis importantes están en San Xurxo de Sacos (Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco, Eira dos Mouros, Pedra das Ferraduras, Laxe dos Cebros... ) e en Viascón (Portela de Laxe e Laxe das Coutadas). Tamén se coñecen 12 castros, entre os que destaca, polo seu tamaño, o da Cividade, en San Xurxo de Sacos.

Da ocupación romana pódese observar unha calzada, coñecida co nome de Calzada do Pé da Múa. No monte do Seixo, preto do nacemento do río Almofrei, atópase algo moi curioso: unha antiga neveira, onde se aprisionaba a neve da montaña que, transportada en cabalos, se vendía despois no porto de Marín.

Os canteiros "barrocos"

Cotobade foi coñecida por toda Galicia polos seus expertos no traballo da pedra. Deu multitude de bos canteiros, entre os que destacaron verdadeiros artistas como os que construíron os cruceiros do Hío (mestre Cerviño), Covelo e Ponteareas. Eran coñecidos como "os barrocos", porque todos seguían dun xeito ou doutro un estilo recargado que lembraba ao desta corrente artística.

En consecuencia, como non podía ser doutro xeito, Cotobade conta con interesantes obras pétreas. É digno de ver a ponte sobre o río Almofrei, do século XVI, que conta cun arco oxival apoiado nas rochas. Entre as igrexas, destaca a de Santa María de Sacos, de estilo románico do século XIII.

En canto aos valores naturais, Cotobade conta coas praias fluviais e áreas recreativas de Chan, Pozo Negro e Xesteira, á bera do rio Almofrei, un bo río troiteiro. Ademais, os miradoiros da Soldada, en Vilanova, do monte Castelo e do monte do Castro ofrecen fermosas vistas tanto das terras altas de Pontevedra como das terras baixas do val do Lérez.

Respecto aos festexos, as celebracións máis destacadas son a Festa do Requeixo, a mediados de xuño, e a Festa da Filloa, na primeira fin de semana de setembro. Tamén son moi populares as romarías de Santa Mariña en agosto en Caroi, e a de San Xusto, celebrada a comezos de agosto na súa famosa carballeira centenaria.

Non hai que esquecer que no Monte Castelo se celebra a primeira fin de semana de agosto a rapa das bestas, unha espectacular tradición na que os homes loitan cos cabalos para cortarlles as crinas, marcalos e escoller o gando que vai se vendido ou dedicado aos labores de labranza.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Campo Lameiro >>
Pontevedra >>
Ponte Caldelas >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©