Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     CAMPO LAMEIRO
Situado entre Pontevedra e A Estrada, Campo Lameiro ofrece unha completa gama de paisaxes de montaña e de vales provocados polo río Lérez. Pero este lugar destaca pola calidade dos seus petroglifos.
Río entre montañas

Campo Lameiro constitúe a transición entre a Terra de Montes, o interior, e a costa das Rías Baixas. Nas súas elevacións pódense atopar magníficas perspectivas de montaña, con greas de cabalos salvaxes. Ademais, o municipio está atravesado polo río Lérez, que desemboca na ría de Pontevedra. O seu curso posúe unha importante riqueza piscícola e provoca unha fértil extensión de val e unha exuberante vexetación.

Para observar todo isto, o lugar conta con bo número de rutas sinalizadas e inmellorables miradoiros, coma o de Rozas-Couso ou o de Morañó, desde o que se pode divisar a ría de Arousa.

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

Desde hai varios anos, as institucións do Estado apoian creación en Campo Lameiro dun parque que poña en valor o orgullo desta zona, os seus petroglifos. Este Parque Arqueóloxico será o primeiro de Galicia e contará cun Centro de Investigación e Documentación da Arte Rupestre, que afondará nesta antiga cultura que abrangue, sobre todo, o segundo milenio antes de Cristo.

Esta clara aposta pola Idade do Bronce evidencia o que é xa toda unha realidade: que en Campo Lameiro reúnese unha das maiores e mellor coidadas coleccións de petroglifos da península Ibérica. Pódense coñecer estes debuxos rituais nos lugares coñecidos como Pedra da Serpe, Pena de Carballeira do Pombal, Pedra de Bullosa e Campo de Matabois, entre outros.

Para facilitar a visita aos petroglifos, as autoridades procederon á súa rotulación. A maioría deles están unidos por pistas, conformando fermosos e relaxantes camiños para pasear.

A Festa da Augardente

Máis tardíos que os petroglifos son os castros, do primeiro milenio a.C. Neste municipio pode atoparse un dos mellores da Comunidade, o castro de Penalba. Respecto á arquitectura relixiosa, Campo Lameiro conta con varios exemplos románicos, como a igrexas de Santa María de Fragas e San Miguel de Campo. O fermoso templo de Santa María de Muimenta pertence ao barroco.

Entre as celebracións, destaca a Festa da Augardente que se celebra a finais do mes de xuño e reúne un importante número de visitantes para coñecer os mellores caldos da comarca. Outra moi coñecida, tamén en xuño, o 13, é a romaría de San Antón, na parroquia de Penalba.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Cotobade >>
Moraña >>
Pontevedra >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©