Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 18/10/2018
     CANGAS
Cangas do Morrazo é unha das vilas máis importantes de Galicia, situada no marco incomparable das rías de Vigo e Aldán, fronte o Parque Nacional das Illas Atlánticas
O Cruceiro do Hío e a Colexiata de Cangas

A vila de Cangas recibiu no ano 1121 o título de "Moi Leal". Na entrada das rías de Vigo e Pontevedra, a súa situación xeográfica permitiu que fora sucesivamente asaltada, desde as invasións viquingas aos saqueos dos piratas turcos, no 1617. Este ataque acabou cunha época de grande desenvolvemento económico baseado no comercio. A chegada de novas técnicas pesqueiras no século XIX ligou a economía de Cangas coa industria da salgadura, e posteriormente do mexillón e do peixe conxelado.

O orixinal núcleo mariñeiro de Cangas, que aínda conserva as súas estreitas rúas, ten hoxe na súa fronte un moderno paseo marítimo que chega ata Punta Rodeira, cunha privilexiada vista da cidade de Vigo, coa que mantén estreitas relacións grazas ao transporte marítimo de pasaxeiros que une as dúas partes da ría. No paseo atópase a reconstrución da Capela do Hospital, un pequeno templo que atendía os peregrinos do Camiño de Santiago Portugués que cruzaban en barco a ría desde Vigo.

Consérvanse en Cangas dous monumentos de grande interese artístico. Unha é a Colexiata de Santiago, edificada en 1542 nunha mestura de estilos tardo-oxival e renacentista. No seu interior exhíbese o retablo dourado da Capela Maior, o Santo Cristo do Consolo e a cruz de Oficio de Defuntos. O outro monumento é o Cruceiro do Hío, no adro da igrexa románica de Santo André do Hío. Trátase do máis célebre calvario de Galicia, realizado en estilo barroco polo mestre canteiro Xosé Cerviño sobre un só bloque de pedra. Conta con grandes simbolismos iconográficos, de única comparanza no mundo aos calvarios de Bretaña.

Paraíso de fermosos areais

O magnífico patrimonio de Cangas tamén inclúe as igrexas barrocas de Santa María de Arbo e San Salvador de Coiro; os panteóns do Mestre Cerviño no cemiterio de Cangas; os restos celtas de Herbello-Aldán; os petroglifos de Chan do Rei e o castro de Donón. Máis tardíos son os medievais Pazo e Torre de Aldán e os pazos de Espiñeira, da Retirosa e do Sistro.

Ademais, son moi aprezadas as súas praias, algunhas moi concorridas, outras solitarias e virxes, como a de Bandeira Azul de Menduíña, ou as de Aldán, Rodeira, Liméns, Nerga e Barra, esta última, nudista.

Cangas conta tamén con excelentes miradoiros. Os do Facho de Donón ou o Monte da Pena permiten divisar Bueu, a Illa de Ons e mesmo O Grove. Desde o Cabo Home, espazo natural protexido, contémplase unha marabillosa imaxe das Illas Cíes, ademais de contar cun faro digno de visitar mediante un agradable paseo a pé.

Cangas, terra de vellas danzas

O lecer en Cangas é moi completo e variado como dan boa conta a romaría do Cristo de Cangas e a romaría de Arbo, celebrada onde a igrexa barroca, na que se baila a tradicional Danza e Contradanza. En Santo André do Hío, na honra de San Roque, báilase tamén unha danza documentada xa no ano 1585. Outro dos máis famosos bailes de Galicia, a Danza dos Mozos do século XVII, faise no nobre cadro do Pazo dos Condes de Aldán, o 20 de xaneiro.

A estas orixinais manifestacións culturais, hai que engadir as diversas festas gastronómicas como a Festa do Bocho ou da mazá asada e a Festa do Mexillón de Aldán, así como a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo e Argálica, a Mostra de Artesanía de Galicia.

Ademais, Cangas ofrece os festexos da Semana Santa máis importantes da provincia de Pontevedra, considerados de Interese Turístico galego. Nesta Semana saen ás rúas procesións de irmandades relixiosas coa particularidade de que moitas das súas tallas son articuladas, o que lles dá moito realismo. Son obra tamén do reputado mestre Cerviño.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Illas Cíes >>
Bueu >>
Moaña >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©