Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     MOAÑA
Orientada cara ao sur, nun microclima cálido e soleado, Moaña é unha tradicional estación turística, ben comunicada coas grandes cidades de Pontevedra e Vigo
O microclima do sur do Morrazo

Moaña é unha vila de antiga tradición turística, situada nun inmellorable abrigo costeiro orientado cara ao sur, con boas comunicacións cos núcleos urbanos de Vigo e Pontevedra. As súas famosas praias de fina area branca bordean toda a costa desde a Punta Rodeira ata a Punta do Aradoiro: Canabal, Niño do Corvo, Vilela, Tirán, Con, Borna ou Domaio son areais moi concorridos. Ademais, Moaña é sinónimo de bo comer; os seus famosos mariscos van directamente do porto ao pote das tradicionais tascas de ambiente mariñeiro, cociñados en variadas e deliciosas receitas, todo ben regado co luxoso viño das Rías Baixas.

Ten un panorama excepcional deste o Monte Domaio: a ría de Vigo e Illas Cíes, Vilaboa e a Ponte de Rande, e todas as terras desde Soutomaior ata O Grove. Outras paraxes naturais son A Fraga, o Monte da Pena, o Monte Paralaia, e o Chan de Arquiña, de piadosa romaría o 5 xullo. Para facer sendeirismo é ideal a coidada ruta dos muíños, no río da Fraga. Nas abas do Faro de Domaio encóntrase un centro deportivo de alta calidade: o moderno campo de golf de Domaio.

O Festival Intercéltico do Morrazo

Son numerosos os restos históricos achados en Moaña, como a Espada Argárica de Meira, datada na Idade do Bronce, os foxos funerarios de Casal, os petroglifos de Meira, o fabuloso dolmen de Chan de Arquiña, e os castros das Cidades, en Meira; Monte Alegre, en Domaio; Devesa do Mouro, en Seara; e de Remedios, en Tirán. De construción máis moderna é a igrexa de San Martiño Dumiense, do século XII, de portada románica herdeira do vello arte galaico.

Entre as festas celebradas en Moaña, sobrancea o internacional Festival Intercéltico do Morrazo, con grupos de música de todas as nacións celtas, así como o Entroido co seu Enterro da Sardiña, a festa patronal da Virxe do Carme coa procesión marítima, e a Festa do Naseiro, con degustación dos mellores camaróns, nécoras, polbos e peixes da ría.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Illas Cíes >>
Cangas >>
Vilaboa >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©