Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     MARÍN
Xa o di o seu escudo: "In mare, nostra fortuna". Marín alberga o terceiro porto de Galicia e conta con praias de grande atractivo turístico e intensa herdanza histórica.
O porto de Marín

Marín foi declarada vila de realengo no séc.XII, pero non foi ata o séc.XVII cando o lugar adquiriu grande importancia. Daquela, a actividade do porto de Pontevedra trasladouse a Marín por mor do baixo calado do da cidade do Lérez. Actualmente, Marín é o terceiro porto pesqueiro galego, con grande desembarco de merluza, rodaballo, ollomol e xurelo, base dunha importante frota de conxeladores, e sede da Escola Naval Militar desde 1943.

Os marinenses combateron bravamente na Batalla de Pontesampaio axudados polos ingleses, con quen, despois da Guerra de Independencia, intensificaron relacións ata tal punto que varios pastores anglicanos viñeron predicar ao Morrazo. Por este motivo, as parroquias de Santa María do Porto e de Seixo os principais núcleos protestantes das Rías Baixas.

Os templos relixiosos máis destacados son os de Santa María do Campo, do século XIII e Santo Tomé de Piñeiro. Da arquitectura señorial cabe destacar os pazos do Cadro, de San Brais de Aguete, o pazo da Brea e o de Chirleu, cun magnífico traballo en pedra.

O petroglifo de Mogor

A parroquia de Mogor, toponimia que significa "muro" ou "castro" en fala britónica, garda o máis famoso e simbólico petroglifo de Galicia.

As praias son un dos atractivos principais do Concello. Portocelo, Mogor e Aguete atraen todos os veráns a centos de turistas, e o Clube Náutico de Aguete é o xenuíno punto de encontro para os amantes dos deportes do mar. Paro ademais, Marín conta cos espazos naturais da Illa do Santo, que pode ser visitada a pé cando a marea está baixa, e da Illa de Tambo. Para pasar un día de descanso, están o couto de pesca do río Loira e Lagoa de Castiñeiras, con fantástica panorámica da ría de Pontevedra. Tamén pode collerse o barco que leva desde o porto marinense á Illa de Ons, inserida no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Marín tamén conta con recoñecidas festas. O día do Carme, como en toda vila mariñeira, celébrase unha procesión de barcos pola ría. No día de San Miguel Arcanxo, en setembro, báilase a Danza das Espadas, documentada no 1639 e executada orixinariamente por mariñeiros.

Tampouco se deben esquecer as celebracións do Entroido, coa queima da Sardiña, dos Maios, e do Corpus, coa exposición de alfombras florais polas rúas. En Castiñeiras festéxase a Festa do Cazador e en Marín organízase cada ano a Festa da Cigala.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Illa de Ons >>
Bueu >>
Pontevedra >>
Vilaboa >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©