Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 20/04/2019
     CATOIRA
Catoira era a entrada marítima de Santiago de Compostela na Idade Media. Durante varios séculos os Castellum Honesti protexeron a capital de Galicia das invasións viquingas.
As Torres de Hoeste de Catoira

As terras de Catoira están dominadas pola altitude do Monte Xiabre, que enxerga Rianxo ao norte, Caldas ao sur e mais Vilagarcía e Cortegada cara ao oeste.

Catoira posuíu outrora unha grande importancia histórica e estratéxica. Os estudosos cristiáns cren que foi por esta vila por onde os seguidores do Apóstolo Santiago o levaron a Compostela para soterralo, despois de navegar desde Palestina nunha barca de pedra.

A súa localización como porta marítima de Compostela obrigou a construír as Torres de Hoeste (Castellum Honesti) para defender a Cidade do Apóstolo das invasións viquingas.

No ano 858 os viquingos entraron por primeira vez pola ría de Arousa e chegaron ata a sede episcopal de Iria Flavia e ata Santiago. Anos máis tarde, na invasión de 968, os viquingos voltaron entrar por Arousa e saquearon as principais cidades de Galicia tras derrotar ao Bispo Sisnando na Batalla de Fornelos.

Após desta desfeita, o Bispo Cresconio construíu as Torres de Catoira, baixo o mandato do rei Afonso III "O Magno", para fortificar ben esta porta de Galicia nunha época de crecente afluencia de peregrinos.

A Romaría Viquinga de Catoira

Coa perda da súa finalidade defensiva, os Castellum Honesti foron predendo importancia desde o século XV. Actualmente só quedan dúas torres das 7 que orixinalmente se emprazaban na desembocadura do Ulla. Declaradas Monumento Histórico-Artístico, celébrase neste excepcional escenario a Romaría Viquinga, declarada de Interese Turístico Nacional. O primeiro domingo de Agosto milleiros de persoas presencian a recreación dunha batalla entre galaicos e viquingos, representados estes por habitantes da vila danesa de Frederiksund, coa que Catoira está irmandada.

Ademais, a mediados de xullo celébrase nesta vila a Festa gastronómica da Solla, un peixe moi ben cociñado na comarca.

Outras construcións de interese son a Capela de Santiago, unida a unha das dúas torres, o Muíño de Marea do Cura, e mais os muíños de vento das parroquias de Abalo e de Catoira.


# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
As invasións viquingas >>
Valga >>
Vilagarcía de Arousa >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©