Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     POIO
Tres visitas son ineludibles en Poio: a aldea mariñeira de Combarro, o renacentista mosteiro de Poio e a modesta casa onde se cre que naceu Cristovo Colón.
Lar do descubridor de América

Na parroquia de San Salvador de Poio, no lugar de Portosanto, atópase a que podería ser a casa natal de Cristovo Colón, o Almirante da Mar Océana que no 1492 descubriu América para os europeos e marcou o inicio da Idade Moderna. Varios estudos refutan as hipóteses de Xénova como cidade natal e relacionan a Colón coa nobreza dos Soutomaior, perseguidos polos Reis Católicos, razón pola cal tería posto tanto empeño Colón en agochar a súa orixe. No lugar natal de tan inxente navegante tamén se encontra un sinxelo cruceiro dedicado por un familiar seu, de nome Xoán Colón.

De grande atractivo turístico son as praias de Poio, entre as que destacan as de Lourido, Chancelas, Ouriceira ou Raxó, e os restos arqueolóxicos da Laxa dos Cervos na Caeira, o Castro da Sividá no Pereiro e as Mámoas de Monte Mon en Campelo. Desde os miradoiros de Samieira, nos Montes de Castrove, pódense ollar toda a ría de Pontevedra e as terras de Marín e Bueu.

Entre as festividades de Poio cómpre citar a Festa da Ameixa de Campelo, en outubro; a Festa do Mar de Combarro, en agosto; a Festa do Carneiro; as romarías da Renda, Combarro, A Saleta e Raxó; e mais a rapa das bestas no curro da Escusa, no monte Castrove, a mediados de agosto.

O mosteiro de Poio

O Mosteiro de San Xoán de Poio remonta as súas orixes ás fundacións realizadas por San Froitoso no século VII. Adoptou a regra de San Bieito a partir do X. No ano 1548 creouse o Colexio Maior de Teoloxía e en 1613 o Colexio de Pasantes, no que ensinou o Padre Feijóo. As leis exclaustratorias de 1835 obrigaron aos monxes a abandonar o cenobio, ata que en 1890 foi retomado pola orde da Mercede.

Destaca a igrexa, do século XVII, de xeitos renacentistas e con balaustradas barrocas no coro. No seu interior exhíbense un belo retablo do séc.XVIII de estilo churrigueresco e o sartego do séc.VI de Santa Trahamunda, moi venerada nestas terras.

Grande centro de cultura, a secular biblioteca do Mosteiro de Poio garda arredor de 100.000 volumes. Na actualidade tamén alberga un museo con cadros de autores estranxeiros e galegos, ademais de mostras da cultura de Galicia. Anexo ao mosteiro está un dos hórreos máis longos da Comunidade.

A aldea mariñeira de Combarro

Combarro é un dos núcleos pesqueiros tradicionais máis fermosos de Galicia. A pequena aldea foi declarada Conxunto histórico-artístico pola súa orixinal simbiose entre os labores de terra e do mar: á beira da ría, unha ringleira de máis de trinta hórreos mestúranse coas barcas amarradas aos seus pés. Tamén forman un fermoso conxunto os cruceiros das praciñas de Combarro.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Marín >>
Pontevedra >>
Sanxenxo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©