Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     PONTEVEDRA
No centro xeográfico das Rías Baixas, Pontevedra alberga unha fantástica Zona Monumental, moitos puntos de interese e unha ampla oferta tanto cultural como de lecer.
Unha fundación de lenda

Segundo a tradición, Pontevedra foi fundada polo heroico arqueiro grego Teucro quen, tras o remate da Guerra de Troia e aborrecido polo seu pai, veu a Galicia e bautizou a cidade co nome de Helenes. Os estudos históricos apuntan a que esta lenda foi inventada no Renacemento para darlle maior lustre a esta vila nun momento de economía puxante.

O certo é que Pontevedra foi fundada polos romanos, que construíron unha ponte onde actualmente está a ponte do Burgo. O topónimo actual aparece no Medievo, Pontus Veteris, en alusión a esa vella ponte romana. Pontevedra gozou desde o século XIII ata o XVI dunha importante puxanza económica, polo seu porto e a actividade dos gremios. Despois sufriu unha crise relacionada coa perda de calado do porto, o que derivou boa parte da actividade a Marín. A recuperación chegou a comezos do século XX, cando rexurdiu a súa actividade económica, cultural e política.

Cidade para peóns

Pontevedra leva anos apostando pola posta en valor da súa estupenda Zona Monumental. Hoxe en día, a cidade pode percorrerse comodamente a pé, pois o casco histórico está pensado para os peóns. O punto de partida de calquera visita a Pontevedra debe ser a praza da Ferrería, onde se xuntan tres agradables prazas, o convento de San Francisco e uns fermosos soportais. Ao lado da Ferrería está a capela da Virxe da Peregrina, un edificio do século XVIII cun estilo que xunta trazos barrocos e neoclásicos, de influencia portuguesa. A súa planta circular, en forma de cuncha de vieira, deixa ás claras a importancia histórica do Camiño de Santiago, que desde Portugal cruza a vila do Lérez.

A zona vella está salpicada de agradables praciñas, como a da Leña, a da Verdura ou a das Cinco Rúas. Non se debe esquecer a Basílica da Santa María, que conta cunha magnífica fachada plateresca.

Na parte máis moderna da vila, o visitante pode dar un paseo pola Alameda e ollar os destacados edificios da Deputación Provincial e do Concello.

Nos arredores, Pontevedra é pródiga en pazos como o de Lourizán; o da Pedreira, en Campañó; e o pazo de Gandarón.

Paseos á beira do Lérez

O río Lérez marca os ritmos de Pontevedra. Son polo de agora cinco as pontes que o cruzan, o que dá idea do estirón que pegou a cidade. Isto posibilitou a creación de longos e coidados paseos pola súa beira.

Ademais, quen desexe un turismo máis cultural, o Museo de Pontevedra ofrece cinco salas en edificios do século XVIII repletas de achados celtas e prerromanos, ademais de outras mostras máis modernas de cultura e arte galega. Unha das cinco salas está á intemperie. Trátase das ruínas do Convento de San Domingos, ao lado da Alameda, onde se poden observar os restos dun fermoso templo gótico do século XIV.

En canto ás festas, en setembro celébrase a popular Feira Franca, unha recreación da Idade de Ouro pontevedresa, o Medievo. Está moi considerado o Entroido pontevedrés no que enterran ao loro Ravachol, en memoria da querida mascota dun boticario de comezos do século XX, Perfecto Feijóo.

En agosto, as festas da Peregrina revolucionan a cidade durante varios días e mesmo pode acudirse a corridas de touros, na única praza que para este fin existe en galicia. O municipio conta tamén con celebracións como a Festa do Caldo de Mourente, en xullo, ou o popular romaría de San Bieito de Lérez, en setembro.

Existe ademais unha desenvolvida cultura de festa nocturna, que no verán desborda os locais e conquista as rúas de Pontevedra.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Marín >>
Poio >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©