Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     VILABOA
Nas fértiles terras ribeireñas de Vilaboa, no eixo de comunicación entre Pontevedra e Vigo, librouse en 1702 a Batalla naval de Rande, na que a frota anglo-holandesa afundiu a armada española
A Batalla de Rande

No ano 1702 a armada española estaba fondeada nas augas de Vilaboa con grandes cantidades de prata e ouro. A escadra anglo-holandesa entrou rápidamente pola ría, rachou a cadea que pechaba o paso do estreito e bombardeou a frota española. O cargamento dos galeóns españois afundiuse na enseada de San Simón. Desde aquela, organizáronse varias expedicións marítimas para recuperar o tesouro, pero seica ninguén ten dado aínda con el...

Aínda quedan restos do Castelo de Ubeiras, en Cobres, unha das fortalezas que defendían o estreito. Outros monumentos de interese en Vilaboa son os seus numerosos hórreos, máis de cen, os pazos de Santa Cristina de Cobres, e a igrexa románica de San Martiño de Vilaboa, do século XII.

Valorados espazos naturais


Entre as súas festividades cómpre citar a Festa do Carme e a conseguinte procesión marítima en Santradán, e tamén o Entroido de Santo Adrán de Cobres, en Riomaior, onde Madamas e Galáns danzan ao son da gaita, corren ao galo e degustan o típico "bandullo", feito de pan, azúcar, leite e ovos ao forno.

Vilaboa conta con dous magníficos miradoiros sobre as Rías Baixas. O paraxe de Coutorredondo ofrece fermosos panoramas das rías de Pontevedra e Vigo. O contorno da lagoa de Castiñeiras tamén está perfectamente acondicionado para o lecer e é moi concorrido para pasar un día relaxado nun espazo natural. Outros recunchos da natureza son a Enseada de San Simón, de prácidas augas, e os Montes do Morrazo, desde os que se outean as terras de Soutomaior, Moaña e Marín.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Enseada de San Simón >>
Moaña >>
Pontevedra >>
Soutomaior >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©