Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     SOUTOMAIOR
As terras de Soutomaior ofrécenlle ao visitante fermosas vistas da ría de Vigo, unha destacada historia nobiliaria e deliciosa gastronomía marisqueira, exemplificada polas ostras de Arcade
O magnífico castelo de Soutomaior

A fortaleza dos Soutomaior álzase sobre unha aba do Monte do Viso. Edificado no século XII, o castelo foi a corte do máis sobranceiro dos Soutomaior, Pedro Álvarez, alcumado Pedro "Madruga" polas horas do día nas que axustizaba os seus inimigos. Pedro Madruga xogou un papel moi importante na derrota da Revolta Irmandiña e na política do Reino de Galicia antes da chegada dos Reis Católicos.

Parcialmente destruída nas Guerras Irmandiñas, foille engadida unha parte neogótica no século XIX. Destaca do castelo tanto a súa firmeza e localización como a fermosa galería de columnas e os belos xardíns de centenaria flora. O castelo pode ser visitado polos turistas e adoita albergar actos e exposicións, ademais dalgunha romaría.

Outros monumentos destas nobres terras son as igrexas parroquiais de Soutomaior, de estilo barroco, e de Santiago de Arcade, de interesante ornamentación románica do séc.XII.

As célebres Ostras de Arcade

Os ríos de Soutomaior ofrecen paraxes ideais para a pesca e o repouso, como as pontes medievais de Comboa e de Pontesampaio, onde se loitou unha trascendente batalla para a liberación de Galicia dos exércitos franceses no século XIX. Outra paraxe excepcional é o Miradoiro do Viso, no monte da Peneda, que enxerga toda a ría de Vigo e o val do Oitavén. No cumio hai unha ermida erguida sobre un castro.

Soutomaior é terra de bo xantar marisqueiro de ameixa, berberecho, e sobre todo das súas coñecidas ostras: a Festa da Ostra en Arcade enxalza, na primeira quincena de abril, a mellor e máis prezada ostra de toda Galicia. Son tamén moi concorridas as festividades das romarías da Virxe da Peneda, o 5 agosto, onde os romeiros acoden a cumprir as súas promesas, e a de San Caetano, patrono dos tolos, o 7 de agosto, celebrada dentro do castelo de Soutomaior.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Redondela >>
Vilaboa >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©