Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 06/09/2010
     ILLAS CÍES
Declaradas Parque Nacional por mor da súa riqueza faunística e botánica así como polo seu fondo mariño, as Cíes son tamén un enclave paisaxístico e histórico de grande interese.
Paraíso natural

O arquipélago das Cíes protexe a entrada da ría de Vigo dispóndose de norte a sur con 3 illas principais e unha serie de illotes menores. As dúas illas principais, Monteagudo e O Faro, están unidas por unha barra areosa resultado da acción das correntes mariñas.

A costa oeste das illas Cíes caracterízase pola altitude e dureza dos seus cantís e furnas, en contraposición coa costa leste, definida por abas que descenden ata praias de fina area.

Na illa de Monteagudo resalta o sistema dunar de Figueiras-Mixueiro, desde o que se accede cara ao norte ao Faro de Monteagudo ou do Peito, onde existe un observatorio de aves. De volta para a illa do Faro encóntrase a formación sedimentaria da Barra de Rodas, que xungue as dúas illas, e a extensa e bela lagoa dos Nenos. Camiño ao sur arríbase ao observatorio de aves do Alto da Campá e ao Faro de Cíes. Un centenar de metros para abaixo localízase o Faro da Porta, preto do castro de As Hortas.

O castro das Hortas é o vestixio do antigo poboamento celta das illas Cíes. De alto interese arqueolóxico, moitas das pezas descobertas pódense ollar no Museo de Pontevedra e no Pazo de Castrelos de Vigo. Tamén na illa do Faro se conservan os restos dun mosteiro fundado no Reino Galaico-Suevo, vítima de sucesivos saqueos por viquingos e piratas ingleses como Sir Francis Drake. Actualmente é a sede do Centro de Interpretación.

As illas Cíes contan cos servizos de Cruz Vermella, teléfono, bar, restaurante, policía e unha oficina de información turística. Na illa do Faro encóntrase o único aloxamento das Cíes, o parque de campismo, ao que acceden numerosos visitantes desde Semana Santa ata finais do verán por transporte marítimo desde os portos de Vigo, Baiona e Cangas.

Fauna e flora

Xunto coas colonias de Cabo Vilán, medran nas illas Cíes as poboacións máis importantes de Galicia da rara Camariña (Corema album). Outras especies botánicas de interese son o Tomelo Bravo (Helicrysum picardii virescens) e a Viola (Kittaibelliana var. Henriquesii), ambas as dúas endemismos galaico-portugueses.

O Parque Nacional das Illas Cíes conta como reserva de aves mariñas coa maior colonia do sur de Europa de Gaivota Patiamarela (Larus Cachinnans), 2.000 parellas, e de Corvo Mariño Cristado (Phalacrocorax aristotelis) con 1.000 parellas. Outras numerosas especies de aves encontran nas illas o seu hábitat ideal, tanto por causa do seu despoboamento como pola benignidade do clima, de precipitacións escasas e temperaturas tépedas.

O espazo intermareal e os fondos submariños das Cíes son extraordinariamente ricos en fauna e flora. Nas súas cristalinas e atlánticas augas áchanse mariscos como o Percebe (Pollicipes cornucopia), o Boi (Cancer pagurus) ou a Nécora (Necora puber). Son remarcables a grande cantidade existente de esponxas, gorgonias, poliquetos e moluscos, destacando tamén os exemplares de Ourizos (Paracentrotus lividus), das Estrelas de Mar (Asterias rubens e Marthasterias glacialis), e o Polbo (Octopus vulgaris).

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Baiona >>
Cangas >>
Vigo >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©