Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 21/07/2018
     AS SúAS XENTES
As terras das Rías Baixas teñen documentados poboamentos desde os anos 1300 antes de Cristo. En máis de tres milenios, as súas xentes deixaron unha fonda e fermosa pegada cultural na paisaxe: en forma de mámoas, lendas, historias e a cultura galega toda.
Historia

Xa habitadas desde o Paleolítico Inferior, son as Rías Baixas unha das zonas de máis intensas manifestacións megalíticas de Galicia. Habitan estas terras desde o ano 1300 a.C. as toutas celtas dos Cilenos e Grovios.

No Reino Galaico-Suevo, San Fructuoso, discípulo de San Martiño de Dume, reforzou a cristianización destas celtas terras, onde o Papa San León convocara un Concilio de bispos galaicos no ano 400, preocupado polo cisma Priscilianista. A Idade Media foi a Idade de Ouro do Reino de Galicia, cuxa frota comerciaba por toda Europa e cuxo idioma era lingua vehicular de cultura. Porta marítima do Reino, as Rías Baixas víronse perturbadas polas Invasións Viquingas e polas Guerras Irmandiñas.

Natural de Portosanto, parroquia de San Salvador de Poio, e universalmente célebre é o egrexio mariño Cristovo Colón, considerado descubridor de América. Decapitado politicamente o Reino de Galicia, Colón foi ao daquela irmán Reino de Portugal buscar financiamento para o seu proxecto de abrir unha ruta comercial á India. Considerando o rei portugués inviable a idea de dar a volta ao mundo, tivo Colón que llela propor aos Reis Católicos, quen o dotaron con somentes 3 naves, pese ao que arribou ben ás costas do continente americano o 12 Outubro de 1492. De regreso a Galicia, Colón voltaría varias veces a América, pero considerado polos casteláns como desleal ao Reino de Castela, morrería anos despois no anonimato.

Unha nobreza galega enfeblecida polas Guerras Irmandiñas, nas que tomaron decisiva acción os Soutomaior, non puido evitar a anexión definitiva do Reino de Galicia ao de Castela no séc.XV. Todo o Reino entrou en Séculos Escuros de depresión e moi especialmente as Rías Baixas, cuxos portos foron prohibidos de comerciar con América e Europa e as súas xentes se viron inmiscuidas nas guerras do Reino de España cos seus antigos clientes de Francia, Inglaterra, Países Baixos e o Mediterráneo.

Tras séculos de censura da cultura galega, as Rías Baixas deron a Galicia as insignes figuras dos vates Ramón Cabanillas, Rafael Dieste, e o considerado Pai da Patria Galega, Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

As invasións viquingas

Dos séculos IX ao XI, no apoxeo do imperio viquingo, tropas procedentes de Noruega e Dinamarca asediaban o Reino de Galicia, atraídos pola súa riqueza. Sendo o seu repetido obxectivo a capital Compostela, os invasores adoitaban penetrar polas Rías Baixas, onde se houberon construír estoicas fortalezas defensivas, das que parte aínda se conservan.

Os viquingos pretenderon nun tempo anexionar Jakobsland a un imperio do que tamén formaría parte Irlanda e Britannia, o que suscitou unha breve loita interna na Corte de Galicia entre partidarios e opositores. Nos séculos posteriores ás invasións, os viquingos foron un dos pobos máis devotos na peregrinación a Compostela, o que se traduciu en moitas influencias mutuas no arte, no político e no militar.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Xeografía >>
Comunicacións >>
Historia de Pontevedra >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©