Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 21/07/2018
     AS INVASIóNS VIQUINGAS
As relacións entre Galicia e Escandinavia foron de especial intensidade e importancia no período de esplendor do Reino galego, cunha trascendencia que perdura ata os nosos días.
Os inicios

Nos primeiros séculos da Idade Media Escandinavia converteuse nunha grande potencia militar en Europa. Beneficiados pola excelente concepción técnica dos seus barcos, os viquingos conqueriron Britannia e Irlanda, crearon o Ducado de Normandía no país dos Francos, e asolaron a península de Bretaña e Galicia, chegando incluso a saquear importantes vilas no Mar Mediterráneo.

Neste mesmo tempo o Reino de Galicia era a potencia económica e marítima do oeste e sur europeo. Os anais de Cambrai de 1159 falan de Bizancio, Xermania e Galicia como os tres principais imperios de Europa. Atraídos pola riqueza do reino, os escandinavos organizaron numerosas expedicións militares ao "País de Santiago", onde atacaban e se retiraban rapidamente collendo ricas preas.

A primeira invasión viquinga a Galicia produciuse durante o reinado de Ramiro no século IX, e a esta seguírona unha segunda e terceira invasións, ata a cuarta e derradeira do ano 1038. Estes ataques, levados a cabo principalmente por tropas procedentes de Noruega, Dinamarca e das Illas Orkney, son mencionados por textos históricos galegos, escandinavos, árabes e casteláns.

As peregrinacións escandinavas a Galicia

Tras o cesamento das invasións e comezo das relacións amistosas entre Galicia e Escandinavia, os peregrinos nórdicos comezan a chegar a Santiago de Compostela a partir da visita do seu primeiro peregrino, o rei Sigurd de Noruega, no outono de 1108. A ruta do vestvegr (Camiño do Oeste), que ía de Escandinavia ata Galicia, levaba 8 días de travesía. Outros peregrinos de sona foron Santa Bríxida de Suecia, un dos persoeiros máis importantes da historia sueca, e Santo André de Slagelse, un dos santos máis sobranceiros de Dinamarca, do que a lenda conta que peregrinou a Galicia nun cabalo alado.

Procedentes de Noruega, Islandia, Illas Orkney, Illas Feroe e Dinamarca, os nórdicos aproveitaban tamén a súa participación nas cruzadas para honrar o sartego do apóstolo, iniciando a viaxe a comezos do outono e pasando o inverno en Galicia. Os suecos por contra, tiraban a Terra Santa polo leste e non chegaron a Galicia ata o século XIII. Frisóns, alemáns e flamencos uníronse a noruegueses e daneses na Cruzada de 1187 e na de 1217, na que 350 barcos apareceron no porto da Coruña, naufragando un tercio deles nas costas galegas ao continuaren a viaxe cara Terra Santa.

As influencias galaicas en Escandinavia

A influencia das peregrinacións a Galicia calou fondo en Escandinavia, onde quedaron numerosas pegadas na literatura, historia e especialmente no culto relixioso a Santiago. A vieira, símbolo de Santiago e de Galicia, era levada de volta a Escandinavia polos peregrinos, e así explícase a súa frecuente aparición na heráldica e na arte. Destacan tamén as numerosas confrarías medievais de Dinamarca, Suecia e Noruega protexidas por Santiago. Existen nos países do norte numerosos templos adicados a Santiago, así como representacións plásticas deste, das que sobrancea a Bandeira da Unión de 1427, na que o Santiago de Galicia comparte espazo cos brasóns dos tres países escandinavos.

Outras curiosidades da influencia galega en Escandinavia é a significativa expresión encontrada na Idade Media, "Non quixera eu tal nin por todo o ouro de Galicia", ou a existencia de dous topónimos e apelidos de referencia galaica en Noruega, Gallis e Jaksland, o primeiro encontrado en Andebeu (Vestfold) e o segundo en Royken, (Buskerud), ambos lugares documentados desde 1398.

En Galicia , ademais dos textos históricos, consérvanse numerosas ruínas das torres defensivas contra as invasións viquingas, das que unha recreación histórica é representada na Romaría de Catoira.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Catoira >>
As invasións de 846-861 >>
As invasións de 966-971 >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©