Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     VILAGARCÍA DE AROUSA
O benigno clima e fermosa paisaxe de Arousa converten a Vilagarcía nunha popular estación turística do norte das Rías Baixas.
Importante porto das Rías Baixas

Vilagarcía débelle o seu nome a un arcebispo de Santiago: García de Caamaño e Mendoza de Soutomaior. Foi el quen no ano 1461 permitiu a creación dun novo burgo mariñeiro na comarca.

O porto de Carril fora ata ese momento, e seguiu séndoo ata o século XVIII, o núcleo máis importante da zona e un dos máis relevantes do Reino de Galicia. De feito, foi a Carril precisamente a onde chegou o primeiro tren galego desde Santiago, no 1873.

A actividade portuaria de Carril trasladouse gradualmente ao porto de Vilagarcía ao serlle concedida ao segundo en 1814 a autorización para comerciar con Europa e América, converténdose na segunda metade do século XIX nun dos portos de maior tráfico portuario de Galicia. A vocación mariñeira de Vilagarcía céntrase actualmente no marisqueo e na pesca, sendo sede do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño, en Vilaxoán.

Vilagarcía é coñecida como popular centro de verán que atrae a milleiros de persoas cada ano grazas á gastronomía da Ría de Arousa, ao seu clima favorable, e ás súas fermosas praias, como son as de Compostela e A Concha.

O espacio natural da Illa de Cortegada

Fronte a Carril está deitada a pequena Illa de Cortegada, de grande interese natural por atoparse aquí o bosque de loureiros máis meridional de Europa. O Monte Lobeira, declarado Paraxe Pintoresca, ten unha privilexiada vista sobre a Ría e illas de Arousa, igual que o Monte Xiabre, que domina as terras de Catoira e Rianxo.

Mostra do patrimonio de Vilagarcía é o Pazo de Vista Alegre, declarado Monumento Histórico-Artístico, os pazos de Rial e de Rubiáns co seu fermoso xardín, e a igrexa parroquial de Santa Eulalia, de estilo barroco compostelán. A igrexa de Santiago de Carril, do século XVII ten unha bela portada renacentista e un orixinal cruceiro.

Dunha data moito máis anterior é o Petroglifo dos Ballotes, no Salgueiro, Bamio, datado arredor do II milenio a.C.

Grande diversidade de festexos

En Vilagarcía conflúen as festas relixiosas con outras pagás, moi populares. Entre as relixiosas destaca o Día do Carme de Vilaxoán e de Carril, en xullo, cando se celebra unha procesion de barcos pesqueiros pola ría, na honra da patroa dos mariñeiros. Na cabeza do Concello celébranse as Festas de San Roque, nas que durante dez días se mestura a relixiosidade co divertimento, pois nelas están inseridas a popular Festa da Auga e o Combate Naval, un atractivo espectáculo pirotécnico.

No apartado gastronómico, Vilagarcía conta cunha Festa da Ameixa e cunhas Xornadas de Exaltación do Viño Albariño Artesanal.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Catoira >>
Illa de Cortegada >>
Vilanova de Arousa >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©