Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2018
     AS PRIMEIRAS INVASIóNS
A primeira noticia histórica da chegada dos viquingos a Galicia encontrámola nos Annales Bertiniani de Bélxica, redixidos no ano 861
Do 846 ao 861

Empurrados por unha tempestade, as primeiras naves viquingas víronse nas costas galegas en 846, durante o reinado de Ramiro I. Os escandinavos exploraron a costa e realizaron varias incursións ata chegar á Coruña, onde foron derrotados na entrada do porto. Neste primeiro contacto afirman as crónicas que "os ata daquela descoñecidos normandos eran xente pagana e crudelísima".

A este tempo refírese a lenda do Bispo Gonzalo da diócese de Bretoña, que relata como ao chegaren á entrada do río Masma un grande número de embarcacións viquingas, a xente fuxiu onde o bispo considerado Santo. Gonzalo pregou ao ceo protección do ataque e daquela desatouse unha grande tempestade que afundiu a maior parte da frota.

No reinado de Ordoño I, de 850 a 866, os viquingos efectuaron a súa primeira incursión organizada en Galicia. Daquela o reino inquedado por inestabilidades fronteirizas cos árabes no sur, que obligaron a trasladar a real diócese de Dume á de Bretoña, os escandinavos entraron pola ría de Arousa ata Santiago de Compostela. Unha escadra de 100 naves viquingas, atraídas polo "Ouro de Galicia", desembarcaron en Iria Flavia, peirao máis próximo á cidade do Apóstolo e sede episcopal, e saquearon a vila.

Ao chegaren a Compostela acamparon nas portas e demandaron ouro para non destruíren a cidade. Ao pouco, o Conde Petro chegou armado cun exército que derrotou aos viquingos e os obrigou a retirarse, afundíndolles 38 embarcacións. O Rei Ordoño logo decidiu enviar unha legación ao Papa Nicolás I para solicitar o cambio da sede episcopal de Iria Flavia a Santiago, onde o clero se encontraría máis seguro, e tamén reforzou as defensas militares da cidade xacobea.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Pontecesures >>
As segundas invasións viquingas >>
As últimas invasións viquingas >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©