Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 24/01/2018
     AS SEGUNDAS INVASIóNS DE 966-971
Nunha situación de inestabilidade política, a segunda vaga de invasións viquingas divide a corte galega entre os que avogan pola defensa do reino galego e os que ven con bos ollos a anexión ao Ducado viquingo pero cristián de Normandía
DO 966 AO 971

Morto o rei Sancho II, a Asemblea de bispos e nobres gobernou o Reino galego durante o período interregno de 967-980, no que Galicia careceu de monarca ao non aceptar a nobreza galega o rei foráneo Ramiro III. Tempo antes, os escandinavos consolidáranse na antiga provincia franca de Neustria e fundaran o estratéxico Ducado de Normandía, o primeiro estado viquingo en adoptar o cristianismo.

Carentes de monarca e centrada a política do Reino de Galicia en conter a casteláns e árabes, sucede no ano 969 a terceira invasión viquinga. Os escandinavos volveron entrar pola ría de Arousa e dirixíronse cara ao porto e antiga sede episcopal de Iria Flavia. Alertado en Compostela o bispo-militar Sisnado, fixo recuar aos invasores ata Fornelos, onde se encontraba outro continxente viquingo que contraatacou e derrotou ao exército galego, matando ao Bispo.

Aproveitando a difícil situación interna do Reino de Galicia, os viquingos realizaron a súa primeira incursión ao interior do Reino sen encontrar oposición, chegando ata terras do Courel. En Lugo o bispo Hermenexildo logrou defender a cidade, pero non puido facer nada para protexer as terras do Bispado de Bretoña, cuxa antiga sede quedou totalmente destruída.

Os escandinavos quedan en Galicia intentando converter ao Reino na Normandía do sur, e algúns membros da Asemblea de bispos e nobres amosáronse favorables á anexión, medrando aínda máis a inestabilidade política na Corte. Finalmente, os partidarios da unión cos escandinavos foron encarcerados e o exército galego dirixido polo Conde Gonzalo e o Bispo Rosendo marchou contra os viquingos, derrotándoos e destruíndo unha parte da súa frota.

Ao abandonaren Galicia, os viquingos navegaron cara ao sur realizando algúns saqueos desde o Douro a Santarém. Os árabes xa sufriran anteriormente certos ataques viquingos e, conscientes dunha posible situación inestable por mor do próximo Ducado de Normandía, comezaron a enviar espías ao Reino de Galicia para se informaren e previren dos movementos das tropas viquingas.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Fornelos de Montes >>
As últimas invasións >>
As invasións viquingas >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©