Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     CALDAS DE REIS
Caldas de Reis, un dos máis reputados balnearios de Galicia, é capital dunha comarca fértil e próspera, na confluencia das comunicacións a Pontevedra, Arousa e Santiago.
Nobres fontes termais de Caldas

Os celtas cilenos tomaban xa proveito das fontes termais de Aquae Celenae, nome que recibe Caldas no romano Itinerario de Antonino. Importante sede episcopal no Reino Galaico-Suevo ata o seu traslado a Iria no ano 569, foi elixida polo Papa San León para celebrar un concilio de bispos galaicos no ano 400. Caldas foi lugar de residencia do rei Afonso VII e da súa nai a raíña dona Urraca, de aí o seu sobrenome: "de Reis". Séculos despois, Filipe II declarouna vila de realengo. Parada obrigada no Camiño de Santiago desde Portugal, dise que San Tomé de Canterbury foi un dos persoeiros que pasou pola vila no século XII.

Unha das máis coñecidas estacións termais de Galicia, os balnearios de Acuña e Davila caracterízanse polas súas augas cloruradas-sódicas, nitroxenadas e sulfídricas que afloran a 35º C, ideais para tratar os problemas respiratorios, dermatolóxicos e mais os reumatismos. É costume do lugar pasear polo centenario parque-xardín da Carballeira, declarado Paraxe Pintoresca, así como mollar os pés nas augas das burgas, xa que se di que quen o fai, casa en Caldas.

Caldas monumental

Testemuñas da nobre historia de Caldas son as pontes medievais de Bermaña, Castaños e Segade, o Balneario de Acuña, a Casa do Concello, o Pazo de Casal novo, ou as Casas reitorais de Carracedo e Saiar. No tocante á arquitectura relixiosa destacan as igrexas medievais de Santa María de Caldas, Santa María de Bemil, Santo André de Cesar e Santo Estevo de Saiar. Na igrexa de San Roque consérvanse algunhas fiestras do antigo castelo da Raíña Urraca en Caldas.

Cómpre destacar asemade a fervenza de Segade, as paraxes de Arcos da Condesa e Bemil, e o vasto panorama do Monte Xiabre, de Catoira e Cambados ata Portas e a Ría de Arousa. Outros atractivos de Caldas son a sua gastronomía, co seu tradicional pan e empanada de lamprea, a pesca de troitas no Umia, e as festas de San Roque, do 12 ao 16 de agosto.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Cuntis >>
Vilagarcía de Arousa >>
Valga >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©