Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     MORAÑA
Nos altos interiores das terras das Rías Baixas, o Umia rega estas paisaxes de grande beleza panorámica, rica en restos prehistóricos e romarías populares.
A maior pedrafita galega

Abondan en Moraña os restos arqueolóxicos de petroglifos e mámoas, localizados principalmente en Silvoso, O Deitadeiro, Monte Laceira e Monte Ardegán, puntos de excelente panorámica das terras de Barro e Caldas. Aínda que todas as parroquias posúen un ou máis castros, destacan os de Rebón, Monte de Castro, e Gargantáns. Precisamente nesta parroquia atópase a máis alta das pedrafitas conservadas en Galicia, a Lapa de Gargantáns, unha pedra chantada de 2 metros de altura pertencente ao megalitismo atlántico. O cristianismo destruíu ou transformou en cruceiros estes e outros monumentos de marcado carácter relixioso, como se recolle na obra "De Correctione Rusticorum" do bizantino San Martiño de Dume, máxima autoridade relixiosa no Reino Galaico-Suevo.

Reminiscencias das antigas prácticas celtas translocen na romaría de Moraña, unha das máis coñecidas de Galicia, e na romaría dos Milagres de Amil, o domingo seguinte ao día 8 de setembro. Nesta celebración marcha unha procesión con cadaleitos que levan ofrecidos vivos no interior. As mozas casadeiras acoden aló para pedirlle á Virxe un marido. Outra romaría a destacar é a de Santa Xusta, relacionada co meigallo e a auga milagreira da súa fonte do século XVI.

Arte e gastronomía de Moraña

Traballo da vella e tradicional actividade dos famosos canteiros de Moraña son os 40 cruceiros encontrados nas súas terras, as igrexas románicas de San Pedro de Rebón e San Martiño de Gargantáns, os pazos e capelas de Buzaca en Moraña e San Roque en Rebón, a Casa dos Souto en Moraña, o Pazo de Teixeiriño e Ponte Taboada en Lamas.

É reputada Moraña pola súa exquisita gastronomía, en especial pola excelente calidade da carne ao caldeiro, o delicioso churrasco e as troitas do Umia, exaltados todos estes manxares na Festa do Carneiro ao Espeto, a Festa do Porquiño á Brasa e a Festa do Arrieiro. Goza de popularidade igualmente o Curro de Amil, coa espectacular baixada dos cabalos salvaxes desde o monte ata o curro onde se celebra a Rapa das Bestas.

Desde os miradoiros do monte Acibal, Serra de Ardegán e Pena Canxeira pódense observar marabillosas vistas que chegan ata o Oceáno Atlántico.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Barro >>
Caldas de Reis >>
Cuntis >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©