Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     CAMBADOS
A principal poboación do Salnés, simbiose do barrio mariñeiro de San Tomé, do señorial Fefiñáns e do administrativo e comercial Cambados, foi poetizada polo vate Ramón Cabanillas.
Festa do Albariño, de Interese Turístico Nacional

Cambados foi no medievo punto de defensa da ría contra as invasións viquingas, como testemuña a Torre de San Sadurniño, e recibiu no 1170 o título de Moi Leal Vila polo rei Fernando II. Estas terras viron nacer ao xenial poeta Ramón Cabanillas, figura cúspide das letras galegas no século XX.

A zona de Cambados goza dunha exquisita gastronomía mariñeira e dun viño de gran calidade, exaltado na Festa do Albariño (agosto), declarada de Interese Turístico Nacional. Elaborado de cepas importadas de Renania no século XII, o célebre Albariño está catalogado entre os mellores brancos de Europa.

Outras festas sinaladas de Cambados son a procesión marítima do Carme, a romaría de San Bieito de Fefiñáns (en xullo) e as festas patronais de Santa Mariña de Augas Santas e a Virxe da Pastora.

Cambados monumental

Mostra da riqueza histórica destas terras son os abundantes pazos encontrados en Cambados, como a Casa dos Faxardo, Santo Tomé do Mar, o Parador Nacional de Turismo do Albariño, o Pazo de Ulloa do séc.XV, ou o Hospital Real do séc.XVI.

Outras interesantes mostras de arquitectura civil son a praza de Fefiñáns, co Pazo dos Figueroa e a igrexa neoclásica de San Bieito, e mais o Muíño de Mar da Seca en Corbillón.

En Santa Mariña Dozo están os restos da igrexa oxival e camposanto, declarados Monumento Histórico-Artístico. Nunha pequena illa preto da costa eríxense as ruínas da Torre de San Sadurniño, do século X, que vixiaba esta parte da ría dos ataques viquingos. Desde o Monte da Pastora pódense outear as terras de Meis, O Grove, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa e o espazo natural do esteiro do río Umia.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Invasions Viquingas >>
Ramón Cabanillas >>
Catoira >>
Vilanova de Arousa >>
O Grove >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©