Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e hostais
· Apartamentos
· Casas rurais
· Campismo

· Restaurantes

· Axenda

· Historia
· Persoeiros
· Lendas
· Os viquingos

· Mapas

· En Pontevedra
· En Vilagarcía
· En Vigo
· En Galicia

· Webcam - Baiona
· Webcam - O Grove
· Webcam - Pontevedra
· Webcam - Redondela
· Webcam - Sanxenxo
· Webcam - Vigo
· Fondos de escritorio

· Baiona
· Barro
· Bueu
· Caldas de Reis
· Cambados
· Campo Lameiro
· Cangas
· Catoira
· Cotobade
· O Grove
· A Illa de Arousa
· A Lama
· Marín
· Meaño
· Meis
· Moaña
· Moraña
· Nigrán
· Poio
· Pontevedra
· Ponte Caldelas
· O Porriño
· Portas
· Redondela
· Ribadumia
· Salceda de Caselas
· Sanxenxo
· Soutomaior
· Valga
· Vigo
· Vilaboa
· Vilagarcía de Arousa
· Vilanova de Arousa

· Finisterrae
· Ribeira Sacra
· RíasBaixas.org

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 26/04/2019
     MEIS
Meis é unha fértil veiga que ascende desde o Umia ata os cumios do maxestuoso Monte Castrove, antigo lugar sagrado que determinou a vida piadosa destas terras.
Santo Ero de Armenteira

No século XII o nobre Ero decidiu abandonar a vida mundana para se dedicar á meditación no Monte Castrove, para o cal fundou o Mosteiro de Armenteira. Reis e nobres doaron propiedades e privilexios ao cenobio cisterciense consagrado a Santa María, que é actualmente igrexa parroquial declarada Monumento Histórico-Artístico. Aquí celébranse en agosto a festa de San Ero e no mes de abril a coñecida Romaría das Cabezas, de propiedades milagreiras para curar as migrañas.

Outros monumentos importantes de Meis son o antigo mosteiro beneditino de Santa María de Nogueira do século XI, e a igrexa parroquial de San Martiño de Meis do século XII, que conserva partes do primeiro templo románico. Son de grande animación e ledicia as festas en honra de San Brais e de San Bieito en Nogueira, a de San Salvador en Meis, e a de Santa María en Paradela.

Bo comer e bo beber

Moraron en Meis ilustres familias como os Soutomaior, Ulloa e Monterrei. Mostras do seu pasado señorial son o conxunto de pazos de Nogueira e de Paradela, nesta parroquia o de Pompeán e a Torre de Quintáns, preto do río Umia. No cumio do sagrado Monte Castrove quedan restos dunha ermida e de petroglifos, o máis destacado, o de Outeiro de Cribo. O panorama abrangue, desde Poio ao Grove, as rías de Pontevedra, Arousa e o val do Salnés.

Como todas as Rías Baixas, Meis é terra de bo comer e bo beber. En xullo celébrase a Festa dos Callos, na que se enxalza este saboroso prato tradicional. Ademais, como en boa parte das Rías Baixas, elabóranse artesanalmente as variedades de viño Albariño e Caíño.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
O Grove >>
Meaño >>
Poio >>

Contidos relacionados
 





· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011
· Ano 2012

· Centro Comercial

· Rías Baixas
· Emigración
· Aluguer e venda




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©