|
 |
|
|
|
II ROMARIA DA FESTA DA MALLA
Tradición en San Vicente do Grove
O 3 de xullo de 2010 celebrase a II edición da Romaria da Festa da Malla en San Vicente no concello de O Grove no lugar de “A Horta do Cura” co seguinte programa:
Ás 11 h. Comezo da II Romaría da Festa da Malla co mercado tradicional con produtos de San Vicente, apertura dos postos, labores artesanais e oficios.
Ás 12:15 h. escenificación da celebración dunha xornada da malla, tal e como se realizaba antigamente en San Vicente, con contacontos, xogos populares, grupos de pandereteiras, baile e música galega, contarase tamén ca actuación do grupo Folk-Tradicional “Zurrumalla”.
Anteriormente o sábado 26 de xullo ás 12:30 h. terá lugar a inauguración da exposición audiovisual sobre a malla e presentación da II Romaría da Festa da malla, na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder de San Vicente.
|
|
FESTAS DA PEREGRINA
Actuacións musicais en Pontevedra
Dezaseis concertos amenizarán as festas da Peregrina que habilitan por vez primeira a praza de España como escenario no que grupos como Los Suaves, los Secretos, El sueño de Morfeo, Bebe, The Wailers, Susana Seivane actuarán animando as festas dende esta praza e dende a praza do Teucro.
A programación da praza de España é a seguinte:
Día 7: Los Suaves que presentarán o seu novo disco “Adiós, adiós”.
Día 8: El sueño de Morfeo que presentarán o seu disco “Coas que nos hacen sentir bien”.
Día 9: Bebe que, logo de ser nai, volve aos escenarios co seu disco “ipunto”.
Día 10: Los Secretos.
Día 11: Musical de ABBA
Día 12: Circo Galtük coincidindo coa Batalla de Flores.
Día 13: Festa de Djs con Almudena Navarro, J.L. García, Arturo Grao
Día 14: The Wailers
Día 15: Susana Seivane e amigos que presenta o disco “Os soños que volven”.
A programación festiva da praza do Teucro será a seguinte:
Día 9: Banda de percusión Perkuka
Día 10: Mine Kawakami
Día 11: Teatro a cargo de Pinga Teatro coa representación Casting en familia.
Día 12 e 13: Festival de corais
Día 14: Concerto Rumba Vella
Día 15: Concerto Baiao Brasil.
|
|
EXPOSICIÓNS EN VILAGARCIA
Actividade cultural para o mes de xullo
Organizadas pola concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía estan programadas as seguintes exposicións:
“Crónicas da represión lingüística” que dende o día 3 o 30 de xullo de 2010 poderase visitar no Auditorio de Vilagarcía esta exposición gráfica e audiovisual que pretende recuperar as vivencias históricas das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da sociedade a sistematoloxía represiva implementada no noso país, onde a nosa lingua foi, tamén, un obxectivo dese accionar represivo.
“Wildlife. Fotógrafos da Natureza 2010” entre os días 4 e o 30 de xullo de 2010 na Sala de Exposicións Antón Rivas Briones na que se recollen as mellores imaxes presentadas ao concurso anual Wildlife Photographer of The Year, organizado pola BBC e o Museo de Historia de Londres, e que pasa por ser o máis prestixioso certame mundial de fotografía da natureza.
|
|
XVIII FESTIVAL INTERNACIONAL
Jazz e Blues en Pontevedra
O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa décimo oitava edición, consagrado xa como un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península. Novamente reunimos a intérpretes de repercusión internacional, cantantes e instrumentistas na que xa é unha das citas clásicas do verán, ineludible para os afeccionados de dentro e fóra de Galicia.
O Festival inclúe ademais o ciclo “Pontejazz” cos seus xa clásicos workshops e jamsessions, que é culminación da actividade do Seminario Permanente de Jazz.
Como programación do festival contaremos con música na praza da Ferraría ás 22:30 h. con:
The James Carter Quintet o xoves 22 de xullo
Madeleine Peyroux o venres 23 de xullo
Christian Scott o sábado 24 de xullo
Women of Chicago Blues o domingo 25 de xullo.
|
|
FESTA DO CHURRASCO
Festa Gastronómica en Bueu
O sábado 26 e o domingo 27 de xuño de 2010 celébrase en Bueu a Festa do Churrasco.
Comezara o sábado ás 12 ca tirada de bombas e a continuación degustación de callos, caldeirada de raia, de zapata e empanada. Pola noite verbena cas orquestras “Hada” e “Agarimo”
O domingo pasarrúas co grupo de gaitas “Os Terribles e Savia Nova”, ás 12 h. degustación de callos, raia en caldeirada, mexillóns guisados, paella, arroz con pulpo, carne guisada e empanadas varias.
Ás 19:30 h. o prato forte cá degustación do Churrasco acompañado de produtos típicos como o pan de millo ou o viño “Tintafemia”. Rematará ca verbena cos grupos “Sabrosito” e “Trio Músical”.
|
|
XXXVIII FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS
Festa en Ribadumia
A carballeira de Barrantes (Ribadumia - Pontevedra) acolle os próximos días 4, 5 e 6 de xuño a XXXVIII Festa do viño tinto do Salnés. A organización elaborou un completo programa de actividades que xira entorno ao popular viño de Barrantes. Durante tres días faranse concursos de catas de viños, degustacións de conservas e produtos autóctonos, obradoiros para nenos, concertos, ...
A Festa do Viño Tinto dó Salnés, onde a primeira edición remontase ao ano 1967, reúne a un experto comité de catadores que fai entrega dos premios unha multitudinaria comida a base de polbo, empanada e carne, regado có afamado viño tinto de Barrantes, un caldo froito da fermentación da variedade de uva espadeira e exaltado por numerosos escritores.
|
|
FESTIVAL DA REVOLTA
Festival Musical en Vilaxoán, Vilagarcia.
Vilaxoán no concello de Vilagarcía será o escaparate da música alternativa galega durante o festival da Revolta.
Vilaxoán converterase o sábado, 9 de xuño de 2010, no escaparate da música alternativa galega. A convocatoria que leva por título “A Revolta” tratase dun minifestival que se desenvolverá nas instalacións do Fogar do Pescador en Vilaxoán a partir das dez da noite e no que actuarán os grupos “Última Sacudida”, “Skarmento”, “Post-Morten” e “Skalopendra”.
A entrada é libre e gratuita.
|
Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010
|
|


|