VIÑO RÍAS BAIXAS (26-11-2005)
As exportacións dos caldos pontevedreses aumentaron un 13% no 2004

O prestixio da Denominación de Orixe Rías Baixas segue medrando nos mercados internacionais. No 2004, a cantidade de litros enviados ao exterior aumentou nun 13%, e os ingresos por este motivo subiron un 14%. Son datos ofrecidos polo Consello Regulador.

A meirande parte das vendas internacionais estiveron destinadas a Australia, Finlandia e Nova Celandia. O mercado que máis medrou foi o dos Estados Unidos, que mercaron un 33% máis de viño Rías Baixas que no exercicio anterior.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
D.O. Rías Baixas >>

Novas relacionadas  




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©