ANTONIO PALACIOS (23-10-2006)
O 27 de outubro cúmprese o cabodano da morte do arquitecto porriñés
Antonio Palacios foi un dos arquitectos españois máis determinantes da primeira metade do século XX. Naceu no Porriño no 1874 e morreu en Madrid, onde desenvolveu boa parte da súa carreira profesional, o 27 de outubro de 1945.
Na súa terra, foi o responsable do proxecto da Casa do Concello do Porriño, así como doutras grandes obras como o Templo Votivo do Mar, en Nigrán, e a Virxe da Rocha, en Baiona.
Podes afondar máis na súa figura na biografía que acabamos de colgar na sección de Persoeiros.
|